As nosas tendas R seguen abertas para axudarche en todo o que necesites e poidas estar tranquilo. As medidas de seguridade e hixiene leváronnos a adaptar os puntos de venda, en aspectos como sinalización de distancia, aforo ou ventilación.

Achegámonos á tenda de Pontevedra para que nos conten como é o día a día nos puntos de venda.

O importante es ti

Os nosos compañeiros estiveron ao pé do canón nestes meses difíciles. Recoñecen que o ánimo dos clientes é un pouco baixo, por iso tentan sempre estar alegres e cun sorriso malia esta situación que estamos a vivir: “Nunca choveu que non escampara”.

Coa que está a caer nalgunha ocasión algún cliente pode chegar encabuxado, pero sempre tratan de buscar unha solución. E son moitos os clientes que lles levan un café ou unha caixa de bombóns como mostra de agradecemento.

E as grazas témoschas que dar a ti: “Hai clientes que están tan contentos co noso trato, que se cambiamos de tenda búscannos para que os sigamos atendendo”.

Tienda R Pontevedra

Cambio de hábitos nas consultas

As consultas máis habituais durante estes días son as avarías, revisión de facturas ou reclamacións.

E é que certos hábitos tiveron que cambiar por mor da situación actual. Por exemplo, os teléfonos móbiles agora non se poden manipular salvo que presenten algún fallo. Nese caso os nosos compañeiros teñen que facer un diagnóstico, para o que desinfectan antes e despois o terminal.

Tendas seguras

A nosa prioridade é a túa seguridade, pero sobre todo a túa tranquilidade.

Redobráronse os esforzos en materia de seguridade e hixiene: biombos protectores, ventilación, desinfección continua e sinalización da distancia recomendada.

E é que os nosos compañeiros en tendas están a facer un ‘traballazo’ para seguir axudándoche cando máis o necesitas.

Grazas por todo ese esforzo!