Estes días de #EuQuedoNaCasa estás a lle dar moito traballo á túa conexión wifi. Tiveches que improvisar a túa propia oficina en casa, os peques non se despegan da tablet para ver os debuxos e os rapaces non paran de xogar coa consola e facer os deberes. Ademais, case hai que pedir quenda para facer as videochamadas en grupo coa cuadrilla ou familia.
Son moitos aparellos conectados ao mesmo tempo e isto pode saturar a túa conexión wifi. Así que é importante que sigas estas recomendacións para que todos poidades desfrutar dunha boa conexión:
- En casa conecta os teus dispositivos utilizando o cable ethernet en lugar de facelo por wifi. Así, te aseguras de que o teu ordenador, consola ou tele non se ven afectados polas interferencias no wifi e teñen a máxima velocidade dispoñible.
- Se necesitas usar wifi elixe primeiro a rede wifi “_5G”, se a tes dispoñible. Nesta rede obterás mellor velocidade e terás menos interferencias ca noutras wifi.
- Se notas que o wifi de casa vai lento cambia a canle de emisión a través da app (Android e iOS). Así evitarás que as redes wifi da túa veciñanza fagan que a túa vaia máis lenta. Pensa no wifi como nunha estrada, se vas polo carril con menos coches, poderás ir máis rápido. Elixe a canle con menor ocupación.
- E se non podes conectar a internet nin por cable nin por wifi, antes de chamarnos desenchufa o teu cablemódem ou router durante uns segundos e volve acendelo. Estes días estamos a lle esixir moito ás máquinas, en ocasións simplemente necesitan un respiro e empezar dende cero 😉.
- Equipamento adicional wifi se a túa vivenda conta con varias plantas ou é moi grande. A nosa recomendación é enchufar un PLC wifi ou toma ethernet onde necesitas mellorar a cobertura e velocidade, para que poidas conectar os teus PCs, tablets, consolas, smart TV ou smartphones cando esteas lonxe do router.
Xa tes todos os consellos para facerte forte na casa e, se necesitas algunha recomendación máis, non dubides en poñerte en contacto connosco.