Son días de estar separado do teus pero podes telos moi preto falando con eles cando queiras a través de videochamadas en grupo. Farache máis levadío o #EuQuedoNaCasa e poderás poñer en común os teus trucos diarios para estar entretido en casa.

Traémosche varias apps coas que podes facer videochamadas en grupo dende o teu móbil. Só tes que elixir a que máis che guste e se adapte a ti.

WhatsApp

A función videochamada grupal de WhatsApp permite facer videochamadas de ata catro participantes. Primeiro tes que abrir o chat de grupo coas persoas ás que queres contactar e tocar a icona de teléfono+, debes buscar ou seleccionar os contactos que queres engadir e pulsar a icona de videochamada. O resultado? A pantalla do teu móbil dividida en catro e... risas aseguradas. Esta opción está dispoñible en Android e iOS sempre que WhatsApp estea actualizado á última versión.

Os de WhatsApp explícanche aquí con detalle como facer videochamadas por se tes algunha dúbida.

Facebook Messenger

Hai tempo que Facebook Messenger ofrece aos membros da rede a posibilidade de chatear por vídeo cunha soa persoa ou cun grupo. Para empezar a falar cos teus amigos ou familiares debes ir ao icona chats e abrir unha conversación en grupo coas persoas coas que queiras iniciar un chat de vídeo. Podedes unirvos ata 50 persoas, así que ve pedindo quenda de palabra. Agora só tes que pulsar a icona da cámara e xa estades conectados. Está dispoñible gratis para Android e iOS.

É moi sinxelo, podes velo de forma máis gráfica aquí.

Skype

Con Skype podes facer videochamadas a grupos de ata 25 persoas, pero só poderedes vervos 10 ao mesmo tempo na pantalla do móbil: ao resto terás que conformarche con escoitalo. Para empezar unha videollamada grupal tes que buscar a unha persoa da túa lista de contactos, picar na icona da cámara de vídeo e despois engadir a outros participantes. Se queres saber máis, consulta toda a información. Skype está dispoñible para Android e para iOS.

Hangouts

É unha das apps que veñen preinstaladas na maioría de móbiles Android e por iso volveuse moi popular entre a xente máis nova. Con Hangouts pódense facer videochamadas grupais de ata 25 persoas. Ademais, é compatible con múltiples dispositivos, de forma que se chamas dende o móbil pódenche responder dende un PC. Para usalo abre hangouts.google.com ou a barra lateral de Gmail. Selecciona a unha ou varias persoas da lista de conversacións ou búscaas polo seu nome ou pola súa dirección de correo electrónico e fai clic nos seus nomes. Fai clic en Videochamada e... a chatear. Poderalas ver a todas en pantalla. Está dispoñible para Android e iOS.

Google explícache con detalle todas as opcións que tes de videochamada.

Instagram

Instagram tamén se sumou ás videochamadas en grupo. Podes utilizar o chat de vídeo con ata seis persoas coas mensaxes en privado. Para iniciar un chat de vídeo, ve á icona de Direct na parte superior dereita da sección de noticias. Unha vez dentro, pulsa a opción cámara e selecciona ás persoas que queres engadir á conversación. Tamén podes engadir a outra persoa a un chat de vídeo xa empezado. Instagram explícache como facelo en detalle. Instagram está dispoñible en Android e iOS.

Con calquera destas apps poderás manter o contacto coa túa pandilla e familia de forma súper fácil. Se coñeces algunha outra app chula para facer videochamadas en grupo, escríbenos un comentario.