A vila de Portosín, no municipio coruñés de Porto do Son, xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.
500 megas
Vimos de rematar as tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que están a aproveitar ao máximo as infraestruturas municipais desta localidade do sur da provincia coruñesa. Así, arredor de 1.280 empresas e fogares da vila costeira de Portosín están xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. Esta cantidade súmase á doutros 1.450 fogares e empresas do municipio de Porto do Son que quedaran conectados ás nosas redes ultrarrápidas hai un par de meses, co que podemos falar a día de hoxe dunhas 2.730 unidades, entre residencias particulares e negocios, que quedan conectados á rede do operador galego dende arestora.
8 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que en R resultamos adxudicatarios en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.
Xunto co da provincia da Coruña, o operador galego conseguiu tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para as provincias de Lugo e Ourense e outro para a de Pontevedra. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia da Coruña o investimento total rolda os 3,8 millóns de euros, dos cales 2,1 proceden dos fondos europeos.
Servizos avanzados para máis de 30.000 novos fogares e empresas
Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto cunha atención ao cliente próxima, sempre dende Galicia.
Imaxe de Eladio Anxo Fernández Manso