Uno dos nomes en galego para neno que máis gustan é Roi.

Ao tratarse dun nome curto, bonito e moi sonoro, é unha das opcións favoritas de moitos pais en Galicia á hora de poñerlle un nome ao seu fillo.

De feito, en Galicia hai máis de 2.200 persoas que se chaman Roi.

Orixe do nome Roi

O nome de Roi procede da lingua céltica do gaélico. Na súa orixe este nome estaba formado polo termo ruadh, que ten un significado que é “vermello”. Antigamente, este nome era moi utilizado en Irlanda, pero os significados e as connotacións que ten hoxe en día son totalmente diferentes.

Doutra banda, Roi é a forma curta de Rodrigo. E conta con outras variantes como Ruí ou Rui.

Significado do nome de Roi

O significado do nome de Roi varía en función da lingua na que se utilice ou coa que se relacione. Aínda que a súa orixe primixenia é o irlandés, este denominativo tamén se utiliza na cultura francesa, pero neste caso en lugar de vermello significa rei ou persoa poderosa.

Pero este nome tamén está presente na tradición hebrea e neste caso adquire connotacións relixiosas, xa que o seu significado é o meu pastor.

Homes co nome de Roi

A continuación, sinalamos varias persoas que levaron ou levan o nome de Roi:

  • Roi Méndez: cantante.
  • Roi Casal: cantante e músico.
  • Roi Gomez de Briteiros: trobador medieval.
  • Roi Xordo: señor medieval que encabezou a Revolta Irmandiña.
  • Roi Vidal: dramaturgo, profesor e filólogo.
  • Roi Rodríguez: piragüista.
  • Roi Martinz do Casal: trobador.

Como se di o nome de Roi noutros idiomas

Indicámosche como se di Roi noutras linguas, para que saibas a súa equivalencia:

Idioma Tradución
Español Rodrigo
Alemán Roderich
Catalán Roderic
Éuscaro

Edrigu

Errodeika

Francés Rodrigue
Galés Rhodri
Inglés Roderick
Italiano

Roderico

Roderigo

Rodrico

Portugués Rodrigo
Rui