Cando a un nome se lle asocian trazos relacionados coa fortaleza e, ademais, ten unha procedencia relacionada coa tradición católica, é moi probable que alcance unha gran popularidade.

Iso é o que sucede co nome de Roque, que ten unha musicalidade que fai que non pase desapercibido cando se le ou se escoita a súa pronuncia. Con todo, aínda que sexa un nome moi escoitado, é agora cando os pais o valoran máis para poñerlle un nome ao seu fillo, porque é curto e sinxelo.

É por iso que o nome de neno en galego Roque está a ter moita aceptación en Galicia nos últimos anos. Por agora é un nome non moi masificado, pero xa hai unhas 800 persoas co nome de Roque na nosa comunidade. Co que é perfecto se buscas un nome orixinal e moi sonoro.

Orixe do nome de Roque

Baixo o nome de Roque recaen diferentes procedencias. A versión máis estendida indica que a orixe deste nome é o latín, iso débese a que esta lingua chegou a moitísimos puntos de Europa debido á expansión do Imperio Romano. Ademais, en Galicia a influencia romana foi enorme.

Doutra banda, hai estudos que cren que a procedencia do nome de Roque podería ser persa, aínda que quizais esta sexa a perspectiva menos aceptada. Tamén hai outra corrente que si ten certa importancia e é a que indica que a orixe deste nome podería ser xermánico. Esta versión ten moito sentido, xa que na actualidad se poden aotpar moitos nomes na nosa comunidade que teñen esta procedencia.

Significado do nome de Roque

Sobre o nome de Roque recaen diferentes significados, un deles é o de berro de guerra ou forte como unha rocha. Esta última significación é a que máis se lle asocia e iso débese á súa propia musicalidade. Estas calidades de forza, presenza ou valentía provocan que este nome sexa moi popular.

Doutra banda, a versión xermánica atribúelle o significado de bramar. Aínda que é estraño que cando se asigna este nome se pense esta referencia.

Homes co nome de Roque

Unha das primeiras referencias masculinas co nome de Roque data do ano 1327. Trátase da figura de San Roque, un santo venerado pola Igrexa católica e que é considerado un dos patróns dos peregrinos.

Hai que ter en conta que a figura do peregrino na nosa comunidade ten unha grande importancia debido ao Camiño de Santiago.

En Galicia, destacamos por exemplo as festas de San Roque en Betanzos, as festas de San Roque en Vilagarcía, as festas patronais de San Roque en Sada, por non falar doutras celebracións destacadas como as festas de San Roque en Viveiro, en Melide, Cervo, A Laracha, Cee, Celanova, Caldas ou Castrelo de Miño, co que o seu culto está repartido por toda Galicia.

Repasamos algúns nomes destacados con este nome:

  • San Roque de Montpellier: é o santo ao que nos referimos arriba, moi venerado porque axudaba contra a peste. Ademais, como peregrino, estivo en Santiago, en Roma e en Xerusalén.
  • Roque Santa Cruz: futbolista.
  • Roque Mesa: futbolista

Como se escribe o nome de Roque noutros idiomas

Indicámosche aquí como se escribe Roque noutros idiomas fóra do galego, para que saibas a súa equivalencia:

Idioma Tradución
Alemán Rochus
Catalán Roc
Castellano Roque
Éuscaro Roke
Francés Roch
Italiano Rocco
Portugués Roque