Hoxe en día podemos atopar nomes propios da nosa terra e que proceden doutros pobos ancestrais que se asentaron no noso territorio. Por norma xeral, estes nomes adoitan estar cargados de historia, de cultura e de certo misticismo. Tres trazos que conflúen no nome en galego de nena Suevia.

Orixe do nome de Suevia

A procedencia deste nome débese aos suevos, un dos pobos xermánicos que se asentaron no noso territorio e que, do mesmo xeito que outros moitos, deixaron pegadas da súa cultura, os seus costumes e tradicións.

Este nome usouse por primeira vez en Galicia no século XX e foi entre 2010 e 2019 cando máis nais e pais se animaron a usalo. De feito, a media de idade das persoas que se chaman así é de 20 anos. Polo tanto, é un nome que seguen portando persoas moi novas. É dicir, trátase dun nome que aos poucos vai gañando importancia. Ademais, non está moi estendido, co que é perfecto para aquelas persoas que buscan poñer á súa filla un nome galego orixinal e non tan común como outros.

Significado do nome de Suevia

O significado do nome de Suevia está directamente relacionado coa súa propia orixe. Suevia era o termo co que designaba ao grupo étnico dos suevos e a todas as rexións que foron conquistadas por eles. Trátase dun nominativo que actúa como conservación do legado deste pobo xermánico.

Hoxe en día este nominativo úsase como nome nalgunhas partes da península ibérica, pero en países como Alemaña emprégase no ámbito académico para facer referencia á historia de pobos como os suevos.

En Galicia tivemos o reino "galaico-suevo" entre os años 409 e 585.

Onomástica do nome de Suevia

A día de hoxe non hai unha data asignada no santoral para a celebración da onomástica de Suevia. Iso débese a que este nome non tivo unha relación directa coa tradición católica, pero hai que ter en conta que este nominativo é un reflexo da historia do centro e do norte de Europa. Por esa razón o seu festivo sería o 1 de novembro, Día de Todos os Santos.

Mulleres co nome de Suevia

A baixa cifra de persoas que teñen este nome, sumado ao feito de que a súa media de idade non supera os 20 anos, impide que podamos atopar a mulleres de recoñecido prestixio chamadas así. Aínda que é probable que nun futuro non moi afastado aparezan mulleres famosas que leven o nome de Suevia.

En todo caso, atopamos grupos de música tradicional co nome de Suevia ou ben atopamos marcas comerciais, como o dunha cervexa artesanal fabricada en Vilagarcía de Arousa.

Como se escribe o nome de Suevia noutros idiomas

Suevia é un deses nominativos que manteñen a súa forma e a súa pronuncia nas diferentes linguas nas que aparece. Este nome actúa como referente do noso pasado histórico e é un reflexo do paso das diferentes culturas que transitaron pola nosa terra.