É frecuente que Galicia sexa definida como unha terra de lenda. De feito, no noso territorio temos ás meigas que son mundialmente coñecidas. Toda esa tradición popular reflíctese en diferentes nominativos como o nome galego de nena Naia. Este nome chama a atención por estar cargado de misterio.

Orixe do nome de Naia

O nome de Naia ten dúas posibles orixes. O primeiro deles sitúase na cultura hebrea, concretamente na palabra hainai. Esta procedencia é importante porque a cultura hebrea influíu na relixión cristiá, que é a crenza predominante no noso territorio.

Tamén se di que o nome de Naia podería proceder da cultura grega. Do mesmo xeito que sucede coa cultura hebrea, a civilización helena influíu directamente no desenvolvemento de moitos territorios europeos entre os que se atopa a nosa terra.

Nestes momentos, máis de 8.000 mulleres que teñen o nome de Naia. Moitas desas persoas residen en provincias como Ourense ou Pontevedra. A relación de Galicia co nome de Naia é moi directa.

Significado do nome de Naia

Cando se fala da orixe grega do nome de Naia o seu significado sería “ninfas de auga”. Esta significación relaciona a este nome coa mitoloxía e coa natureza a través da auga. Outros dos significados relacionados coa orixe grega son “a que ten aspiracións” ou “a que desexa con forza”.

De feito, é un nome que se cre moi relacionado co Navia, un dos ríos galegos máis importantes.

No que respecta á súa orixe hebrea o significado deste nome sería “escala.”

Ás persoas que teñen o nome de Naia asócianselles calidades como o ser reflexivas, intelixentes e moi comunicativas. Doutra banda, son persoas sinceras que só lles outorgan a súa confianza á xente que forma o seu círculo máis íntimo e próximo.

Onomástica do nome de Naia

A data asignada á onomástica do nome de Naia podería estar situada no 1 de novembro, pero non hai un día oficial no que se conmemore a unha figura que teña este nome e á que se lle outorgou a categoría de santa.

Mulleres co nome de Naia

Uno dos trazos que mostra a popularidade do nome de Naia é que se poden atopar a mulleres moi destacadas nas súas disciplinas que teñen este nome. Ademais, algunhas desas mulleres proceden doutros países.

  • Naia Marie Rivera: cantante e actriz (1987)
  • Naia do Castillo: escultora e fotógrafa vasca (1975)
  • Nahia Láiz: actriz vasca (1983)

Arriba indicamos o vínculo deste nome co río Navia, pero hai moitos sitios en Galicia que se chaman así, como un lugar da parroquia de Pastoriza, municipio Arteixo; outro na parroquia de Lavadores, en Vigo; Casa de Naia, parroquia do concello de Antas de Ulla ou ben Os Muíños de Naia, en Cambre.

Como se escribe o nome de Naia noutros idiomas

O nome de Naia ten variantes en idiomas que contan con millóns de falantes. Ese feito mostra a historia que ten este nominativo tras a súa orixe.

Idioma Tradución
Éuscaro Naia, Nahia
Inglés Nahia
Grego Náia