Uno dos aspectos que fai que un nome sexa popular é que teña unha orixe descoñecida. Aínda que a súa escritura, a súa musicalidade, o seu significado ou a súa pronuncia tamén inflúe. Todo iso é o que ocorre co nome de nena en galego Navia, un nominativo único nas terras galegas.
Contámosche todo o que necesitas saber sobre o nome de Navia.
Orixe do nome de Navia
O nome de Navia ten unha orixe indoeuropea. Ese aspecto indica que procedería dunha familia de linguas que tiveron unha gran importancia en toda Europa e en gran parte de Asia. Este factor mostra que a procedencia deste nome é moi antiga e que a súa creación foi levada a cabo por culturas prerromanas.
Esta procedencia tan remota quizais poida ser a causa de que en España haxa menos de 90 mulleres que teñen este nome. Ademais, todas elas estánen Galicia, especialmente nas provincias da Coruña e Lugo. Un aspecto curioso é que a media de idade destas persoas é de 9 anos.
Trátase dun nome que se puxo de moda de forma recente e que está vinculado con diferentes referentes xeográficos ou topónimos en Galicia:
- o río Navia (que nace en Galicia e desemboca en Asturias)
- San Paio de Navia, en Vigo
- Navia de Suarna, concello lucense.
Significado do nome de Navia
Un significado que se lle asocia a este nome é o de fecundidade. Isto débese a que a primeira vez que se escoitou este nominativo foi para nomear a unha divindade que é a deusa Navia.
Doutra banda, hai que ter en conta que o significado de Navia é val e esa palabra é outra das connotacións que se asocian a este nome. Ademais, Navia é unha localidade lucense e un topónimo presente en moitos lugares de Galicia, este último feito é un indicativo de que este nome tivo unha presenza destacada na parte noroeste de España.
Mujeres co nome de Navia
Hoxe en día é moi difícil atopar mulleres famosas que teñan o nome de Navia. Iso débese a que este nome é moi recente entre as nenas galegas, pero como curiosidade destaca o feito de que Navia é un apelido que é frecuente en España e en Latinoamérica. De feito, moitas mulleres famosas nadas en países situados no centro e no sur de América teñen este nome.
Como se escribe o nome de Navia noutros idiomas
Navia é un deses nomes que manteñen a súa forma orixinal e que non ten variantes noutros idiomas, independentemente de que apareza no norte de España ou en Latinoamérica.
É dicir, trátase dun nome de nena galego e único, porque non ten equivalencia noutras linguas.