A identidade galega forxouse grazas á presenza das culturas e das civilizacións que no seu momento asentáronse no noso territorio. Unha desas culturas foi a romana, cuxa lingua oficial era o latín.

A influencia desta lingua deu lugar á creación de palabras e nomes que chegaron ata os nosos días. O nome de nena en galego Icía é un deles.

Orixe do nome de Icía

Co nome de Icía sucede o mesmo que con outros moitos nominativos, e é que procede do latín. Isto explica que podamos atopar variantes do mesmo en diferentes idiomas. Este feito tamén contribúe a que sexa un nominativo con certa popularidade na nosa terra, especialmente en provincias como A Coruña e Lugo. Hoxe en día contabilizamos máis de 700 mulleres que comparten este nome.

A pesar de que feitos como o proceder do latín, é un nome que se puxo de moda nos últimos anos. De feito, a media de idade das mulleres que se chaman Icía é de 11 anos e isto quere dicir que é unha opción que barallan moitos pais galegos para asignar ás súas fillas.

Significado do nome de Icía

Se buscamos un significado literal, debemos ir ao latín Caecilia, que significa Cega.

Aínda que tamén se traduce como Promontorio que mira ao mar.

A orixe e o significado do nome de Icía ten unha relación directa coa figura de Santa Cecilia, que foi unha nobre de orixe romana que foi martirizada. Tras a súa morte, a súa familia entregou á Igrexa católica o terreo no que se enterrou.

Hoxe en día Santa Cecilia é a patroa dos músicos.

Onomástica de Icía

As persoas que se chaman Icía celebran o seu santo o 22 de novembro.

Mulleres co nome de Icía

O nome de Icía é moi propio da nosa cultura e da nosa tradición. A maioría son moi novas, pero podemos atopar algúns referentes:

  • Icía Varela: cantante.
  • Icía Vázquez: deseñadora.

Despois, podemos atopar noutros idiomas mulleres destacadas pero cunha variante deste nome:

  • Cecilia: cantante (1948)
  • Cecilia Freire: actriz (1981)
  • Cecilia Roth: actriz (1956)

Doutra banda, en Galicia atopamos lugares con este nome, como Santa Icía, en Arteixo, na parroquia de Morás. Ou ben Santa Icía na parroquia de Loureiro, en Sarria. Ou a parroquia de Santa Icía de Trasancos, en Ferrol.

Como se escribe o nome de Cecilia noutros idiomas

O nome Icía ten traducións e variacións en diferentes linguas. Vexamos algunhas:

Idioma Tradución
Alemán Cäcilie
Bretón Aziliz
Alemán Johannes, Hans
Catalán Cecília
Español Cecilia
Italiano Cecilia
Francés Cécile
Inglés Cecil
Éuscaro Zezili
Noruego Sidsel
Polaco

Jan

Portugués Cecília
Romanés

Cecilia

Ruso Kikilia