Ola. Hoxe queremos falarche do multiring, dun servizo pensado sobre todo para que negocios e profesionais non perdan ningunha das chamadas que reciben. Ou ben para calquera que queira estar sempre localizable, estea ou non na casa.
Con este servizo pódese asociar un número fixo e un número de móbilR, para que soen os dous, independentemente de a cal se chame.
Se aínda non o tedes moi claro, non te preocupes porque montamos un pequeno vídeo para intentar ilustrar un anaco isto do multiring:
Todo configurable na web
A diferenza doutros servizos que poden resultar semellantes, en móbilR non eliminamos o fixo. É dicir, outros operadores permiten que leves no teu móbil o número fixo e o móbil, pero non hai realmente un teléfono fixo. Nós si que mantemos as dúas liñas. É máis, isto pode resultarche moi interesante, porque xa sabemos que hai veces nas que ao longo do día falamos e falamos, e tamén collemos o terminal móbil para mirar o correo ou conectarnos a internet para buscar información. E as baterías non son eternas, polo que sen darnos conta podemos estar sen móbilR e quedar aínda xornada de traballo por diante.
Máis dun de seguro que pensa: "Gústame a idea de non ter que dar o meu número móbil. Que me chamen ao fixo e poder responder no móbilR se quero ou non ando pola oficina. Pero non me gusta tanto que iso pase todos os días da semana". Non hai problema. Na web tes a opción de indicar como queres o servizo en cada momento. Así, cando chegue a fin de semana podes establecer que cando te chamen ao fixo soe unicamente o fixo. E así, no teu móbilR só chegarán as chamadas persoais (se nunca dás o teu número de móbil) ou daqueles que saibas que teñen o teu teléfono. Pero se noutra fin de semana tes algún tema importante de empresa e queres que cando che chamen ao fixo tamén soe o móbil, o sistema farao. Ti es o que manda.
Sempre dispoñible
Vamos, que agora non importa onde te atopes, se estás na oficina ou non, se tes á man o teu teléfono fixo ou o móbil porque, chamen a onde chamen, seguro que podes contestar a chamada e non perder ningunha oportunidade de negocio.
Se che xorde algunha dúbida sobre o servizo multiring, que custa 3,63€/mes (IVE incl.), podes mirar as preguntas e repostas que elaboramos, e se non, pois para iso estamos neste blog, para aclararche calquera cuestión.
Ademais, multiring é un servizo que incluímos agora de balde no teléfono R, pensando na xente maior que conta cun móbil pero sobre todo reciben chamadas a través do fixo e queren estar sempre localizables.
Un saúdo!