Mondoñedo revive o seu pasado medieval cada verán, durante a segunda fin de semana de agosto, nunha Festa de Interese Turístico, que é das máis antigas deste tipo. Non perdas o Mercado Medieval Mondoñedo 2023, do 11 ao 13 de agosto, e goza dos postos de gastronomía e artesanía, da cea medieval, da voda polo rito mozárabe, do gran torneo medieval...

Contámoscho todo, para que non perdas nada da festa medieval en Mondoñedo. Empezando polo máis importante, cando é?

Cando é o Mercado Medieval de Mondoñedo 2023

Se che gustan as festas medievais, ven a Mondoñedo do 11 ao 13 de agosto e mergúllate na Idade Media.

Este é o horario de apertura do Mercado Medieval de Mondoñedo 2023, que celebra a súa 31 edición:

  • Venres 11 de agosto: de 21:30 a 23:00 h.
  • Sábado 12 de agosto, "Día do Turista": de 11:00 a 22:00 h.
  • Domingo 13 de agosto: de 11:00 a 22:00 h.

E o mercado repartirase ao longo da rúa Progreso, rúa Afonso VII, praza do Concello, praza da Catedral, praza do Seminario e rúa da Fonte.

Programa do Mercado Medieval de Mondoñedo 2023

Mercado Medieval de Mondoñedo 2023
Imaxe: Concello de Mondoñedo

Consulta a programación por días do Mercado Medieval de Mondoñedo 2023:

Venres, 11 de agosto

  • 20:00 h. Apertura dos postos do mercado.
  • 22:00 h. Praza da Catedral: Representación histórica da Asociación O Pasatempo.
  • 22:30 h. Praza da Catedral: concerto de Pelepau.
  • 00:15 h. Rúa Alfonso VII: concerto de Dúo Dani Royo, xunto a Lucas Llumá.

sábado, 12 de agosto - Día do Turista

  • 11:00 h. Apertura do Mercado e do Campamento infantil.
  • 11:00 h. Dende o Seminario hacia o Concello: Desfile de todas as Compañías.
  • 12:00 h. Pregón de Pablo e Lucas. Apertura do Mercado Medieval de Mondoñedo coa Asociación O Pasatempo.
  • 20:00 h. Campo do Bispado, xunto ao Auditorio Pascual Veiga: Gran Torneo Medieval, coa Compañía Especialistas Hípica Celta, a Garda Templaria e os Cabaleiros do Camiño Norte.
  • 21:30 h. Praza da Catedral: Cea Medieval.
  • 22:30 h. Praza da Catedral: Baile Medieval do grupo Excunxurados.
  • 00:00 h. Queimada popular, coa Asociación O Pasatempo.
  • 00:30 h. Praza do Concello: Louband.

domingo, 13 de agosto

  • 11:00 h. Apertura do Mercado e do Campamento infantil.
  • 13:30 h. Fonte Vella: Voda medieval polo rito mozárabe, a cargo da Asociación O Pasatempo.
  • 14:00 h. Rúas de Mondoñedo: desfile da Comitiva da voda, a cargo da Asociación O Pasatempo.
  • 16:00 h. Praza do Seminario (campamento medieval): Nomeamento dos Novos Cabaleiros do Camiño.
  • 20:00 h. Campo do Bispado, xunto ao Auditorio Pascual Veiga: Gran Torneo Medieval, coa Compañía Especialistas Hípica Celta, Asociación O Pasatempo e os Cabaleiros do Camiño Norte.

Actividades destacadas da festa medieval en Mondoñedo

A nosa recomendación é que pasees polo mercado e che deixes levar polo que che apeteza en cada momento: probar e comprar produtos da terra nos postos de comida, parar a ver unha exhibición de cetrería, escoitar música medieval, darte un capricho nos postos de artesanía, ver as representacións de oficios tradicionais, os combates entre cabaleiros…

E despois, que vaias a tiro fixo ás actividades destacadas que non podes perder do programa do Mercado Medieval de Mondoñedo 2023 e que resumimos aquí:

Gran Torneo Medieval

Espectacular é dicir pouco, porque combina a xusta con música en vivo. Cada ano, especialistas na hípica celta conseguen deixar coa boca aberta a todos os que se achegan ao Campo do Bispado, xunto ao Auditorio Pascual Veiga.

O Gran Torneo Medieval do Mercado Medieval de Mondoñedo 2023 celébrase o sábado 12 e o domingo 13 de agosto, ao redor das 20:00 h.

Combates entre cabaleiros

Durante toda a fin de semana atoparas aos cabaleiros que teñen a súa base no Campamento medieval, no parque xunto ao Seminario. Alí repítense o sábado e o domingo pola tarde os Combates entre cabaleiros.

Tamén poderás ver os Adestramentos de Cabaleiros e a Vestimenta nese mesmo parque, dentro da programación da festa medieval en Mondoñedo.

Voda medieval polo rito mozárabe

Outro momento moi esperado do Mercado Medieval de Mondoñedo 2023 ten lugar o domingo 13 de agosto, ao redor das 13:30 h, na Fonte Vella.

E é que as vodas nos emocionan e se ten a vistosidade dos traxes de época, o rito mozárabe e a música, nin che conto.

Así que ven a chorar un pouco na Voda medieval do domingo.

Gran cea medieval

Un dos pratos fortes da xornada do sábado no Mercado Medieval de Mondoñedo 2023, e nunca mellor dito, é a Cea medieval.

O escenario non pode ser mellor, a praza da Catedral, concerto mentres ceas e comida a base de polo asado, xamón cocido... e viño. E despois, máis música e queimada popular na mesma praza.

Orixe do Mercado Medieval de Mondoñedo

Xa mencionamos arriba a lonxevidade do Mercado Medieval de Mondoñedo. É que leva celebrándose máis de 30 anos.

Naceu con vocación de animar aos visitantes de Mondoñedo e da Mariña lucense, por iso dedica a xornada do sábado ao Día do Turista.

Hoxe en día reúne a miles de persoas que non queren perder un típico mercado medieval coa impresionante Catedral de Mondoñedo e a súa contorna como escenario.

Xa sabes, todo isto pasa no Mercado Medieval de Mondoñedo 2023, do 11 ao 13 de agosto.

Fonte imaxe de cabeceira: Concello de Mondoñedo