En R queremos axudarte nestes momentos difíciles. Somos conscientes de que cada situación é diferente e non queremos que ninguén quede atrás. Todas as familias necesitamos máis que nunca unha conexión a internet de calidade e a un prezo reducido para que os nosos fillos e fillas poidan seguir soñando co que queren ser de maiores, para que os maiores poidan traballar dende casa, para que manteñamos o contacto cos/coas nosos/as familiares e amigos...

É o noso deber e o noso compromiso.

Tecnoloxía por e para as persoas

En R traballamos cada día para atopar as mellores solucións para ti, facendo realidade o lema de tecnoloxía por e para as persoas.

O noso compromiso é loitar contra a fenda dixital e facilitarlles o acceso de conectividade aos colectivos máis vulnerables, atendendo sobre todo aos/ás que máis sufriron os efectos económicos e laborais negativos derivados da pandemia.

Estamos a vivir un inicio de curso marcado pola educación online e as familias necesitamos seguir cos estudos de forma telemática. Por iso quixemos achegar o noso graniño de area co servizo internet compromiso.

Internet compromiso

Para que ningún estudante de familias con menos posibilidades quede atrás, ofrecemos unha conexión de 100 megas por 14€/mes ou 500 megas por 28€/mes. E como sabemos que o inicio de curso xa implica suficientes gastos, damos 1 mes gratis.

En www.mundo-r.com/compromiso están todos os detalles. E se necesitas máis información, aclarar calquera dúbida ou contratar internet compromiso, achégate á túa tenda R máis próxima ou chámanos ao 1446. Estamos aquí para axudarte.

Xuntos conseguirémolo!