Que importante é que os/as mozos/as estean ao día en tecnoloxías punteiras como Big Data, Intelixencia Artificial, 5G… Pensando neles/as, a AMTEGA, a través do Plan DigiTalent, pon en marcha o programa de Webinars TransformaTech Sessions.

E en R sumámonos a este ciclo participando en dúas xornadas virtuais dedicadas a Big Data e 5G e dirixidas a estudantes galegos/as.

Cita virtual coas novidades tecnolóxicas

Queres saber máis sobre Big Data, ciberseguridade, Intelixencia Artificial, Internet das Cousas, robótica ou tecnoloxías relacionadas coa xestión ambiental?

Os Webinars TransformaTech Sessions son encontros virtuais breves nos que se falará de tecnoloxías que a día de hoxe teñen grande impacto na sociedade dixital. Participarán expertos das principais empresas tecnolóxicas galegas e dos colexios profesionais do ámbito dixital.

Os contidos adaptaranse a diferentes tipos de público: mozos a mozas de ata 16 anos, centros educativos e profesionais, estudantes e titulados, con perfís tecnolóxicos e non tecnolóxicos.

R, co Talento Xove galego

Dende R colaboramos nos webinarios do programa Transforma Tech Sessions na modalidade Talento Xove.

Porque nos gusta fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas dende idades temperás e con estas sesións lles achegamos as novas tendencias tecnolóxicas aos/ás máis novos/as.

Estes son os webinarios nos que participa R:

4 de marzo: webinario Big Data

O Big Data está en todas partes. Queres saber onde e para que se usa? Neste webinar explicaremos:

• Porqué todo o mundo fala do Big Data

• Como Spotify, TikTok ou Netflix usan Big Data e porqué

9 de marzo: webinario 5G/6G

O 5G é o impulso da transformación dixital. Darémoslle resposta a:

• Que nos trae o 5G? Por que é unha tecnoloxía “disruptiva”?

• Cal é a situación en España?

• Para cando o 5G NSA?

• E o 6G?

Como podes inscribirte?

Como queremos fomentar novos perfís dixitais, os webinarios desenvolveranse en liña, previa inscrición individual para cada sesión. Podes inscribirte a través destas ligazóns.

Talento XovenCentros educativos de bacharelato ou Formación Profesional

Os rapaces poderán interactuar cos relatores e facerlles preguntas para resolver as súas dúbidas ou inquietudes. Ademais, contarán con titorías en liña.

Digitalent, unha mirada continua ao talento dixital

O Programa de Webinars TransformaTech Sessions continúa ata o mes de outubro de 2022.E xa son máis de quince as actividades previstas no catálogo do Plan DigiTalent para o primeiro trimestre do ano.

Se tes dúbidas ou queres máis información, podes consultar todas as datas, localizacións e instrucións para participar na web DigiTalent.

Esperámoste!