A túa segunda residencia está a se converter na vía de escape perfecta para desconectar. Sen embargo, do que non queres (ou non podes) desconectar é do traballo, das túas series favoritas ou das videochamadas con amigos. E coas vacacións ao virar a esquina, seguro que estás a pensar en poñer internet; pero non queres gastar un dineral. Así que en R pensamos nunha solución para ti: internet segunda vivenda.

Xa non necesitas tirar dos datos do móbil para estar conectado cando vas á túa segunda casa. Agora poderás ter as mesmas comodidades de sempre no teu fogar ocasional para teletraballar tranquilamente, ver Netflix ou as túas canles da TV Total. Terás as túas dúas casas completamente equipadas sen pagar un dineral.

Dálle velocidade á túa segunda vivenda con internet 500 megas por 24,9 €/mes durante 12 meses. E se tes a television contratada na túa primeira residencia, podes engadir TV Total na segunda por só 5€/mes.

Chámanos para consultar as condicións de internet segunda vivenda e sácalle todo o partido á túa casa.