Redondela volve enxalzar un dos seus produtos estrela, o choco, nunha festa gastronómica que reúne cada ano a miles de persoas. A Festa do Choco Redondela 2026 celébrase do 8 ao 10 de maio e poderás degustar este manxar, pero tamén gozar de concertos e orquestras, rutas en barco e moito máis. Consulta aquí o programa das Festas do Choco de Redondela 2026.
Programa Festa do Choco Redondela 2026

Imaxe: Concello de Redondela
O programa da Festa do Choco Redondela 2026 ten como gran protagonista a degustación de pratos elaborados co choco que se captura nas augas da Enseada de San Simón.
Poderás probar exquisitos pratos nos postos de degustación que se instalan cada ano no Campo da Feira, xunto á Alameda.
Dende o venres 8 ao domingo 10 de maio serviranse máis de 12.000 racións de pratos como a empanada de choco, o choco na súa tinta ou con arroz.
Pero ademais de gozar do choco de Redondela na zona de degustación, podes gozar de receitas elaboradas con choco nos diferentes locais de hostalería.
E tamén as viaxes en barco á Illa de San Simón, que se realizan cada ano.
O pregoeiro oficial da Festa do Choco de Redondela 2026 deste ano será o expresidente cántabro Miguel Ángel Revilla. O Concello de Redondela descríbeo como "unha figura carismática con excelentes habilidades de comunicación", así como un grande "embaixador da gastronomía e dos produtos do mar" que dará á Festa do Choco unha importante "proxección nacional".
A carpa da Festa do Choco 2026 abrirá tanto o venres 8 de maio coma o sábado 9 e o domingo 10 de maio cos siguientes horarios:
- Venres, 8 de maio 2026: 19:00 a 01:00 h.
- Sábado, 9 de maio 2026: 10:30 a 02:30 h.
- Domingo, 10 de maio 2026: 10:30 a 22:00 h.
As Festas do Choco Redondela 2026 inclúen no seu programa concertos e orquestras que xa anunciou o Concello de Redondela.
Descarga aquí todo o programa da Festa do Choco Redondela 2026 no Campo da Feira:
Venres, 8 de maio 2026
- 19:30 - 01:00 h. Campo da Feira: Inauguración e degustación de platos elaborados con choco.
- 20:00 h. Campo da Feira: Concerto da Orquestra de Saxos de Redondela.
- 22:30 h. Campo da Feira: Concerto do Grupo América de Vigo.
- 01:30 h. Campo da Feira: Actuación de DJ JJ Compota.
Sábado, 9 de maio 2026
- 10:30 - 02:30 h. Campo da Feira: Inauguración e degustación de platos elaborados con choco.
- 12:30 h. Campo da Feira: Actuación do Grupo de Gaitas e de Baile Airiños de San Simón.
- 19:00 h. Multiusos da Xunqueira: Charla de Miguel Ángel Revilla.
- 20:45 h. Campo da Feira: Concerto de Tanto nos ten.
- 23:00 h. Campo da Feira: Actuación da Orquestra Combo Dominicano.
- 02:00 h. Campo da Feira: Actuación de DJ Airan
Domingo, 10 de maio 2026
- 10:30 - 22:00 h. Campo da Feira: Inauguración e degustación de platos elaborados con choco.
- 11:30 h. Pasarrúas da Banda de Música de Chapela.
- 11:45 h. Campo da Feira: Actuación do grupo de pandeiretas Froles Mareliñas.
- 12:30 h. Campo da Feira: Pregón a cargo de Miguel Ángel Revilla.
- 13:15 h. Campo da Feira: Actuación do grupo de gaitas O Carballo das Cen Pólas.
- 17:30 h. Campo da Feira: Concerto da Rondalla de Redondela.
- 19:45 h. Campo da Feira: Concerto de Pa Ti Na Má.
Festa Choco Redondela 2026: rutas en barco

Un dos actos máis esperados todos os anos no programa da Festa Choco Redondela 2026 son as rutas en barco, coas que se pode coñecer a Illa e a Enseada de San Simón.
É aí onde se captura dende fai máis de tres séculos o produto estrela da zona, o choco.
Por iso estas rutas en barco queren poñer en valor esta tradición que de forma artesanal veñen practicando varias xeracións.
Este ano as rutas poderanse facer os tres días da Festa da Choco de Redondela, é dicir, do 8 ao 10 de maio de 2026.
Estes son os horarios das visitas en barco pola Illa e a Enseada de San Simón:
Venres, 8 de maio 2026
- 16:00 h. Saída dende o Porto de Cesantes.
- 17:00 h. Saída dende o Porto de Cesantes.
Sábado, 9 de maio 2026
- 12:00 h. Saída dende o pantalán do Museo Meirande.
- 16:00 h. Saída dende o Porto de Cesantes.
- 17:00 h. Saída dende o Porto de Cesantes.
Domingo, 10 de maio 2026
- 12:00 h. Saída dende o pantalán do Museo Meirande.
- 16:00 h. Saída dende o Porto de Cesantes.
- 17:00 h. Saída dende o Porto de Cesantes.
O prezo das rutas en barco é de 6€ por persoa. E as entradas poderanse comprar na Oficina de Turismo de Redondela (986101713) e na páxina web de Barcos de Galicia.
Como novidade, este ano na Festa do Choco de Redondela 2026 poderase facer unha Ruta de Marisqueo a pé con saída dende o porto. O prezo da ruta é de 6€ por persona e as entradas poderanse comprar na Oficina de Turismo de Redondela (986401713).
Venres, 8 de maio 2026
- 18:00 h. Saída dende o Porto, duración unha hora e media.
Sábado, 9 de maio 2026
- 18:00 h. Saída dende o Porto, duración unha hora e media.
Goza da Festa do Choco Redondela 2026 do 8 ao 10 de maio.
E despois chega outra celebración:
Fonte imaxe de cabeceira: Concello de Redondela
