O barrio compostelán de Conxo vístese de gala para celebrar a Festa do Banquete de Conxo 2026, do 22 ao 24 de maio. Unha parte importante da festa son os traxes de época. Poderemos admiralos na praza Aurelio Aguirre e na Carballeira do Banquete de Conxo, onde se realiza a representación teatral o domingo, día grande da festa; que continúa con comida popular foliada e romaría cos brindes da veciñanza.
Uns brindes que lembran aos que o poeta Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane pronunciaron o 2 de marzo de 1856 durante a celebración do Banquete de Conxo.
Programa da Festa do Banquete de Conxo 2026

No programa da Festa do Banquete de Conxo 2025, do 22 ao 24 de maio, non faltan os brindes, tampouco o desfile teatral, a comida e romaría popular na Carballeira de Conxo, o “Serán da Fraternidade”, concertos e baile tradicional.
Estas son as actividades do programa da festa que publicou o Concello de Santiago de Compostela.
Venres, 22 de maio 2026
-
11:00 h. Carballeira de Conxo: Pequeno Banquete. Actividade enmarcada nas actividades do ECOBOSQUE. Haberá teatralización cos centros educativos participantes, a cargo de Os Quinquilláns e un concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.
-
19:30 h. Centro Socio Cultural de Conxo: Obradoiro de cantos de taberna. Coordinado por Muiñeiros do Sarela.
-
21:00 h. Cantos de taberna nos bares do barrio. Coa participación dos grupos Colexiata de Sar, Muiñeiros do Sarela, Cantador@s de Recandea e D’hoxenunano. Os cantos terán lugar nos bares Caimán, Os Mallos, Marló, Barrigola, Conxo Bar e na cantina da comisión. Actividade coordinada por Muiñeiros do Sarela. Remate na Praza de Conxo con foliada conxunta final.
Sábado, 23 de maio 2026
-
11:00 - 14:00 h. III Carreira de orientación Bosque do Banquete. Actividade enmarcada nas actividades do ECOBOSQUE.
-
12:30 h. “As voces do bosque”. Un paseo cultural pola histórica carballeira de Conxo. A cargo de Henrique Alvarellos, escritor e editor. Adaptado a todos os públicos. Idioma: galego. Duración: 90 min aproximadamente. Punto de saída: diante da igrexa de Conxo. Inscrición: rutabanquete@santiagodecompostela.gal
-
13:00 h. Praza de Aurelio Aguirre: Sesión vermú a cargo dos grupos da aceleradora de bandas do Centro Xove. Coa participación de Acid Roots e de W3ird Nois3.
-
17:00 h. Praza de Conxo: Henriko - Circo Cambuche.
-
18:00 h. Praza de Conxo: Bloco da Escola Latexo Percusión de Vidán. Obradoiro de percusión e posterior demostración a cargo da Escola Latexo. Inscrición por orde de chegada.
-
19:30 h. Praza de Conxo: Canto Fraterno: Canto tradicional. Grupo Pena Maior de Marrozos, dirixido por Ana Tejo e Orfeón Tradicional da Colexiata de Sar, dirixido por María Xosé López. Deseguido: Canto coral. Coa participación de: Coro Alegría de Compostela, dirixido por Iolanda Eiras; Coro Amigos do Castiñeiriño, dirixido por Andrea Torrado; Coro de Habaneras Rocha Forte, dirixido por Sebastián Fernández Tapia e Coro Crecente de Voces Graves, dirixido por José Luis Vázquez López. Conduce: Manuel Abraldes director do Coro Encaixe na escalinata exterior do Hospital Psiquiátrico de Conxo.
-
21:00 h. Praza de Aurelio Aguirre: Festa da Poesía. Conducida por Nuria Vil. Coa participación musical de Lidia Lchao, Aprendiz e XianPais, e das poetas Baia Fernández, Nuria Mosqueira e Helena Salgueiro.
Domingo, 24 de maio 2026
-
11:00 h. Desfile teatralizado cos Quinquilláns con saída dende a praza do Toural. Acompañados por Luís “O Caruncho”, Lupe Blanco, as pandeireteiras do Csc de Vite As Viteiras, IES Arcebispo Xelmirez II, Clube Mozo e Veciñanza Activa do CSC Aurelio Aguirre de Conxo, Asociación Aspas, As Superactivas do CSC de Santa Marta, Asociación Cultural A Ruliña de Laraño, Brigadas Teatrais de Catoira, Coral A Oliveira de Monte Branco (Ponteceso), o Grupo de gaitas Os Farrapos de Cesullas de Cabana de Bergantiños e Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos.
-
13:45 h. Praza de Conxo: Pregón de benvida a cargo de Nuria González Casais e Maika González Rozas, da Asociación de Veciños Mestra Victoria Míguez de Vidán, e de integrantes da asociación de veciños Domingo Cepeda de O Eixo.
-
14:00 h. "Baixamos ao bosque do Banquete". Continuación do desfile, acompañados polos grupos: Os Fondaos do Pífaro, Os Gaiteiros de Conxo, Asociación Cultural Pena Ma.
-
14:00 - 19:00 h. Fotocol.
-
15:00 h. Carballeira de Conxo: Xantar de confraternidade, onde se lembrarán os brindis do Banquete de Conxo, do que se cumpren 170 anos.
-
16:00 - 18:30 h. Carballeira de Conxo: Xogos tradicionais a cargo de Miudiño SCG.
-
17:00 h. Carballeira de Conxo: Serán da Fraternidade. Foliada de música tradicional con Devagarinho de Villestro, Asociación de Música e Baile tradicional de Conxo, Grupo de cantos de taberna Cantador@s de Recandea de O Castiñeiriño, Muiñeiros do Sarela e Asociación Penamaior de Marrozos.
-
17:30 h. Praza de Aurelio Aguirre: Actuación de Os Monifates, un espectáculo lúdico e didáctico, pensado para o goce de toda a familia.
Mercado do Libro do Banquete de Conxo 2026
Durante toda a fin de semana, o sábado 23 e o domingo 24 celébrase na Praza Aurelio Aguirre e na Praza de Conxo o popular Mercado do Libro do Banquete de Conxo 2026.
Ademais de coñecer as propostas editoriais, presentacións e recitais, realízanse exhibicións de oficios tradicionais.
Horario do mercado do libro:
- Sábado 24: 11:00 - 14:00 h. e 17:00 - 21:30 h.
- Domingo 25: 11:00 - 14:00 h. e 17:00 - 20:30 h.
Tren do Banquete de Conxo 2026

O Concello de Santiago tamén aposta este ano polo Tren do Banquete de Conxo. Como chegar ao Banquete de Conxo? Durante toda a fin de semana poderás desprazarte dende a Alameda de Santiago ao barrio de Conxo no tren turístico gratuíto do Banquete, que dura uns 15 minutos.
Horarios do tren do Banquete de Conxo 2026:
Dende a Alameda (Avenida Xoan Carlos I, parada de bus) ata Conxo (praza do Mosteiro):
- Sábado, 24 de maio: saídas ás 11:00, 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00.
- Domingo, 25 de maio: saídas ás 11:00, 12:00, 13:00, 16:00, 17:00, 18:00 e 19:00.
Dende Conxo (praza do Mosteiro) ata a Alameda (Avenida Xoan Carlos I, parada de bus):
- Sábado, 24 de maio: saídas ás 11:30, 12:30, 13:30, 17:30, 18:30, 19:30 e 20:30.
- Domingo, 25 de maio: saídas ás 11:30, 12:30, 13:30, 16:30, 17:30, 18:30 e 19:30.
Anímate a vestir de época e goza da Festa do Banquete de Conxo 2026, do 22 ao 24 de maio.
Que foi o Banquete de Conxo?
Nun contexto de crise e convulsión social, o 2 de marzo de 1856 tivo lugar en Conxo un acto de confraternización entre obreiros, artesáns e universitarios para reivindicar a igualdade. Nese Banquete de Conxo, foron os estudantes, a clase máis elevada, os que serviron a obreiros e artesáns provocando un grande estupor.
Tras ese Banquete que levaba como lema "Orde e Fraternidade", os intelectuais Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane recitaron uns brindes en verso que hoxe se lembran, como che diciamos, na Festa do Banquete de Conxo. Un acto que se considera a orixe do galeguismo.
E agora que xa sabes que se celebra no Banquete de Conxo, entenderás mellor as actividades que se podes gozar durante tres días en Santiago.
Se nunca estiveches, no vídeo podes ver un resumo da festa:
Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de Santiago de Compostela
