As Festas de Santa Rita en Vilagarcía de Arousa son un dos eventos máis populares da comarca do Salnés e de Galicia. En 2026 celébranse do 21 ao 24 de maio. Dámosche toda a información sobre o programa de Santa Rita Vilagarcía 2026, as misas e a procesión, a Feira Celta e os concertos das festas.
Santa Rita Vilagarcía
As festas de Santa Rita Vilagarcía celébranse cada ano coincidindo co 22 de maio, día de Santa Rita de Casia, patroa dos avogados, dos funcionarios e dos "imposibles".
Unha festividade na honra á santa italiana que conta con máis dun século de historia na localidade, aínda que Santa Rita non é a patroa de Vilagarcía, é Santa Eulalia. Pero iso non impide que as súas festas sexan moi coñecidas e que o seu programa repleto de actividades para todos os gustos e idades atraia a miles de persoas.
Así que, do 21 ao 24 de maio, temos unha cita con Santa Rita en Vilagarcía 2026. Toma nota de todo o que che espera.
Programa Santa Rita de Vilagarcía 2026

No programa de Santa Rita de Vilagarcía 2026 hai boa música, pasarrúas, tradicionais cerimonias relixiosas ou a popular Feira Celta.
Tamén de torneos deportivos, como as regatas correspondentes ao Trofeo Santa Rita Clase Cruceiro ou o Torneo Santa Rita Balonmán.
E dunha cita moi especial para os máis novos da casa, o "Festivaliño On The Road", que inclúe actividades infantís e familiares.
Estas son as actividades do programa das Festas de Santa Rita en Vilagarcía 2026.
Xoves, 21 de maio 2026
- 18:00 - 23:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Hai pasarrúas musicais ás 18:30, 20:00 e 22:00 h.
- 20:00 h. Rúas da cidade: pasarrúas do Grupo de gaitas Lumarada de Cornazo.
- 22:30 h. Avenida da Marina: verbena coa orquesta Kubo.
Venres, 22 de maio 2026
- 11:00 - 15:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta.
- 12:00 - 15:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Zona de xogos infantís tradicionais.
- 12:30 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 12:30 h. Rúas da cidade: pasarrúas do Grupo de gaitas Mar de Arousa de Bamio.
- 14:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 18:00 - 23:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta.
- 18:00 - 22:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Zona de xogos infantís tradicionais.
- 18:00 h. Rúas da cidade: pasarrúas do Grupo de Pandereteiras Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa.
- 19:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 20:00 h. Rúas da cidade: Procesión. Percorrido: saída dende o convento de Vista Alegre, rúa Castelao, praza de Galicia, Valentín Viqueira, Romero Ortiz, Francisco Fontán, Rey Daviña, praza de Galicia e Castelao para chegar a Vista Alegre. Acompañada pola Banda de Música de Vilagarcía de Arousa.
- 21:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 21:30 h. Avenida da Mariña: verbena coa orquestra Capitol.
- 22:30 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
Sábado, 23 de maio 2026
- 10:00 – 22:00 h. Pavilón Municipal Sara Gómez: Torneo Santa Rita de BalonmánCadete.
- 11:00 h. Pabellón Municipal Sara Gómez: IV Regata Santa Rita.
- 11:00 - 15:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta.
- 12:00 - 15:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Zona de xogos infantís tradicionais.
- 12:00 – 14:00 h. Rúa Baldosa: Festivaliño On The Road: Festival de cinema infantil itinerante con sesións de curtametraxes nacionais e internacionais en sesións de entre 2 e 20 minutos. Especial para menores de 12 anos.
- 12:00 h. Biblioteca Municipal Rosalía de Castro: As Letras de Begoña Caamaño: Contacontos ilustrado e musicado que reamta nun obradoiro especial para público infantil.
- 12:15 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Concerto de percusión de Mapatho.
- 13:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 14:30 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 18:00 h. Salón García: As sete boinas do aviador. Obra de teatro da Compañía Fantoches Baj, especial para público infantil e familiar. Entrada libre ata completar aforo.
- 18:00 - 23:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta.
- 18:00 h. Rúa Baldosa: Festivaliño On The Road: Festival de cinema infantil itinerante con sesións de curtametraxes nacionais e internacionais en sesións de entre 2 e 20 minutos. Especial para menores de 12 anos.
- 18:15 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Obradoiro de percusión de Mapatho.
- 19:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 19:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Concerto de percusión de Mapatho.
- 20:00 h. Rúas da cidade: pasarrúas do Grupo de gaitas Froallo de Vilagarcía.
- 20:30 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Ritual de Vodas Celtas no xardín dos nenos. Reserva previa.
- 21:30 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 22:30 h. Parque da Xunqueira. Homenaxe a Alejandro Sanz. Lo que fuí es lo que soy con Fran Valenzuela.
- 22:45 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 23:00 h. Avenida da Mariña. Actuación de Moe DJ, 25º aniversario.
Domingo, 24 de maio 2026
- 11:00 - 15:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta.
- 12:00 - 15:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Zona de xogos infantís tradicionais.
- 12:30 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 12:30 h. Rúas da cidade: pasarrúas do Grupo de gaitas Treboada de Guillán.
- 13:00 h. O Piñeiro: Concerto de Barbitúricos. Ciclos de Concertos Matutinos.
- 14:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Pasarrúas musical.
- 18:00 h. Salón Principal de Auditorio: Érase outra vez-Musical. Obra da Escola de Música CODA. Venda de entradas anticipada e na billeteira dúas horas antes a 2€.
- 18:00 - 23:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta.
- 18:00 - 22:00 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Zona de xogos infantís tradicionais.
- 19:00, 21:00 y 22:30 h. Parque da Xunqueira: Feira celta. Música celta.
Procesión e misas de Santa Rita Vilagarcía 2026
O día 22 de maio, festividade de Santa Rita, arrinca en Vilagarcía xa dende as 06:00 horas con misas no convento de Vistalegre, templo no que se atopa a imaxe da santa.
Xa pola tarde, ás 20:00 horas, unha concorrida procesión percorre as principais rúas da localidade. Non faltan a Banda de Música de Vilagarcía nin os grupos de gaitas e, por suposto, protagonismo especial para os miles de fieis que levan candeas e flores. Durante toda a xornada, o camiño cara ao convento está repleto de postos de venda de cirios e tamén de doces típicos, como as rosquillas.
Feira Celta nas Festas de Santa Rita de Vilagarcía
Outro dos grandes atractivos das Festas de Santa Rita de Vilagarcía é a Feira Celta.
Celébrase no Parque da Xunqueira e o seu horario é o seguinte:
- Xoves: 18:00 - 23:00 h.
- Venres: 11:00 - 15:00 h. e 18:00 - 23:00 h.
- Sábado: 11:00 - 15:00 h. e 18:00 - 23:00 h.
- Domingo: 11:00 - 15:00 h. e 18:00 - 23:30 h.
A Feira Celta de Vilagarcía de Arousa conta con postos de artesanía e gastronomía e tamén con animación musical e zonas de xogos infantís.
Destacan as vistosas recreacións de Cerimonias de Vodas Celtas. Nelas, un druída casa mediante o rito celta a todas as parellas que queiran participar (previa inscrición).
Se queres gozar de boa música, cultura, deporte, devoción e mergullarte na tradición celta, achégate ás Festas de Santa Rita de Vilagarcía 2026 do 21 ao 24 de maio.
Imaxe cabeceira: Concello de Vilagarcía.
