
Axenda en Galicia: concertos, festivais, festas, monólogos, teatro…
Para atopar actividades en Galicia pretiño de ti, tanto se es de bailar e cantar en concertos e festivais, coma se prefires un plan máis tranqui nun museo ou no teatro, ou non perdoas unha festa gastronómica na túa terra, esta é a axenda que precisas. Traémosche moitos plans para gozar durante a fin de semana.
Que podes facer este mes de xuño? Pois todo isto e máis.
Plans de xuño en Galicia
Como é Galicia en xuño? Un non parar de plans diferentes para facer e gozar da boa música, monólogos ou teatro e exposicións. Se queres vivir con intensidade os concertos e festivais, as festas gastronómicas de interese turístico e moito máis, anota todas estas datas.
A mellor música que soará en Galicia en xuño
2 y 4 de xuño: Joaquín Sabina
“Contra todo pronóstico” trae a Joaquín Sabina ao Coliseum da Coruña os días 2 e 4 de xuño. Temas inéditos e grandes éxitos xa convertidos en himnos para varias xeracións reunidos no concerto dun dos grandes nomes da música española.
3 de xuño: Los Deltonos
O grupo cántabro de rhythm & blues liderado por Hendrik Roever, Los Deltonos, actúa na Sala Jagger de Lugo o sábado 3 de xuño.
4 y 24 de xuño: Tanxugueiras
As nosas cantareiras máis famosas actuarán no Campo da Feira de Guitiriz o domingo 4, coincidindo coa celebración dunha nova edición da Festa da Torta, e na Estrada o día 24 de xuño.
4 de xuño: The Main Squeeze
A única cita galega da banda multicultural estadounidense The Main Squeeze é na Sala Rouge de Vigo o día 4 de xuño.
6 de xuño: Agnostic Front
Agnostic Front é unha banda estadounidense de punk anteriormente coñecida como Zoo Crew. O seu potente directo soará na Sala Malatesta de Santiago de Compostela o día 6 de xuño.
9 de xuño: David Bustamante
David Bustamante repasa os seus 20 anos de carreira na xira “Veinte años y un destino”. O venres 9 de xuño, no Campo de Fútbol As Baloutas de Mos (Pontevedra).
10 de xuño: Andrés Suárez
O cantautor Andrés Suárez está de xira co seu noveno disco, titulado “Viaje de vida y vuelta”. O 10 de xuño podes gozalo en directo no Auditorio de Ferrol.
10 de xuño: Manuel Carrasco
Dende os seus primeiros pasos no mundo da música como concursante de OT, Manuel Carrasco non deixa de encadear éxitos. O sábado 10 de xuño sóbese ao escenario do Coliseum da Coruña para presentar o seu disco máis recente, “Eres”.
12 de xuño: Guns N’ Roses
Guns N’ Roses, unha das máis grandes bandas de rock internacionais das últimas décadas, ofrece un concerto no Estadio Abanca Balaídos de Vigo o día 12 de xuño.
14 de xuño: El Cuarteto de Nos
Rock, rap, sons guitarreiros e urbanos. O quinteto uruguaio El Cuarteto de Nos ten personalidade propia. Escóitaos na Sala Capitol de Santiago de Compostela o día 14 de xuño.
15 a 17 de xuño: “O Son do Camiño 2023”
Bizarrap, Maluma ou Aitana son algúns dos artistas que encherán o Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, de boa música e ambiente os días 15, 16 e 17 de xuño, no marco dunha nova edición do festival “O Son do Camiño”.
15, 16 y 17 de xuño: El Jose
Sons eclécticos e esencia bohemia caracterizan a esta banda granadina liderada por Jose Miguel Romerosa. En La Pecera (Vigo) o día 15; no Auriense de Ourense o día 16 e na Sala Garufa de A Coruña o día 17 de xuño.
16 de xuño: Jero Romero
O cantante e compositor Jero Romero deuse a coñece como guitarra e voz do grupo británico The Sunday Drivers. Agora triunfa en solitario e sóbese ao escenario do Teatro Jofre o venres 16 de xuño.
23 de xuño: Kany García
Con 6 premios Grammy Latinos, a cantautora, guitarrista e produtora portorriqueña Kany García é unha das baladistas máis recoñecidas. Actúa no Palacio da Ópera da Coruña o venres 23 de xuño.
23 a 25 de xuño: “The Wild Fest”
Ángel Stanich, Sés, Biznaga, Zeltia Irvire, entre outros, integran este “Festival na natureza” que se celebra no Parque Forestal de San Miguel de Oia, en Vigo, do 23 ao 25 de xuño.
24 de xuño: Tini
A cantante arxentina Tini, recoñecida internacionalmente por éxitos como “Miénteme” ou “El Último Beso”, arrinca a súa xira española no Coliseum da Coruña o sábado 24 de xuño.
28 de xuño – 1 de xullo: “Resurrection Fest 2023”
Do mércores 28 de xuño ao sábado 1 de xullo, a localidade lucense de Viveiro recibe a máis de 85 artistas nacionais e internacionais nunha nova edición do festival “Resurrection Fest”.
29 de xuño: Morat
O Coliseum de A Coruña recibe á multipremiada banda colombiana Morat o día 29 de xuño. O seu último traballo chámase “Si ayer fuera hoy”.
30 de xuño – 1 de xullo: “Vive Nigrán”
Os neoiorquinos Nada Surf e o dúo Ojete Calor son os cabezas de cartel dunha das citas máis frescas do verán. Goza do picnic pop festival “Vive Nigrán” no campo de fútbol Lourido de Nigrán os días 30 de xuño e 1 de xullo.
Imos ao teatro en Galicia en xuño
2, 9 e 10 de xuño: “Somos Criminais 3”
Carlos Blanco e Xosé Touriñán analizan Galicia e aos/as galegos/as para saber como somos e por que somos así. Gargalladas garantidas no Auditorio de Ferrol o día 2 e no Teatro Colón de A Coruña os días 9 e 10 de xuño.
2, 9 e 10 de xuño: “Es mi palabra contra la mía”
O novo monólogo de Luis Piedrahita é unha exhibición de humor, enxeño e tenrura. Podes velo no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo o día 2; no Teatro Principal de Ourense o venres 9; e no Auditorio Abanca de Vigo o sábado 10 de xuño.
9 de xuño: “La discreta enamorada”
Unha das comedias amorosas de enredos máis populares de Lope de Vega chega ao Teatro Rosalía de Castro de A Coruñao día 9 de xuño a través da adaptación teatral de Lluís Homar.
9 de xuño: “3240”
Unha historia teatral baseada en feitos reais sobre as relacións nas redes, as obsesións, os perigos cibernéticos e as estafas que podes ver no Teatro Jofre de Jerrol o venres 9 de xuño.
15 de xuño: “El alma de Valle-Inclán”
“El Brujo” leva a escena ao Valle Inclán máis misterioso, extravagante, romántico e estético neste espectáculo teatral que se representa no Teatro Principal de Ourense o día 15 de xuño.
17 de xuño: “Orgasmos, la comedia”
Unha exitosa comedia que trata as diferenzas entre homes e mulleres e a convivencia en parella. Un manual de autoaxuda en clave de humor que podes ver no Teatro Afundación de Vigo o sábado 17 de xuño.
22 y 29 de xuño: “Elisa & Marcela”
A historia de amor e sufrimento de Elisa e Marcela, sen adornos nin artificios, sobre as táboas do escenario do Teatro Principal de Pontevedra o día 22 e no Auditorio Municipal de Vigo o día 29 de xuño.
30 de xuño: “Hidden”
“Hidden” é unha reflexión sobre a identidade e o pasado. Podes ver esta peza teatral o día 30 de xuño no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.
De exposicións en Galicia en xuño
Ata o 11 de xuño: “Detrás del espejo”
Unha visión de Galicia a través da mirada de 50 recoñecidos nomes das artes, a ciencia ou o pensamento do último século e medio que podes ver no Museo Centro Gaiás de Santiago de Compostela ata o domingo 11 de xuño.
Durante todo o mes de xuño: “Lluís Lleó: Pittore”
Unha selección de pinturas, debuxos, esculturas e estruturas do artista Lluís Lleó. Podes visitar a mostra no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en xuño.
Durante todo o mes de xuño: “Ruiz Picasso, A Coruña 1894/ París 1922”
Unha chiscadela a Picasso, o seu contexto e artistas coetáneos, e, en concreto, a dúas das obras integrantes da Colección de Arte Fundación María José Jove: “Vinos del Rivero” e “Pera, vaso y limón”. Na Fundación María José Jove de A Coruña.
Durante todo o mes de xuño: “Entrecores”
A galería de arte de Espiral Maior Foro, en Carballo, acolle unha colección de 20 óleos, en diferentes formatos, do pintor Tucho Caamaño.
Durante todo o mes de xuño: “Vigo no camiño da ourivaría”
Máis de 75 pezas elaboradas polo mellores ourives que traballaron en Galicia, aínda que moitos deles eran orixinarios de Portugal. Na Sede Afundación de Vigo.
De festa en festa en Galicia en xuño
2 a 12 de xuño: Festa das Alfombras Florais de Ponteareas
3 e 4 de xuño: Festa das Alfombras Florais do Corpus Christi, en Ares
3 a 11 de xuño: Festa do Boi, Allariz
4 de xuño: VI Festa da Torta de Millo de Guitiriz
6 de xuño: Festa da Romaxe das Cruces, en Ribadeo
18 de xuño: Festa das Alfombras Florais de Bueu
22 a 25 de xuño: Arde Lucus, en Lugo
23 de xuño: San Juan A Coruña
E máis actividades para gozar do lecer en Galicia
4 de xuño: “La niña de las trenzas al revés”
Espectáculo de monicreques para toda a familia protagonizado por dúas amigas que viven lonxe: Thana en Mali e Deva en Asturias. No Teatro Jofre de Ferrol o domingo 4 de xuño.
9 e 10 de xuño: “El Musical de los 80s y 90s”
Un musical co mellor pop español, éxitos internacionais e cancións do verán dos anos 80 e 90. No Auditorio Sede Afundación de Pontevedra o venres 9 e no Auditorio Municipal de O Grove o sábado 10 de xuño.
10 de xuño: “Symphonic Rhapsody Of QUEEN”
160 minutos de espectáculo para interpretar grandes temas de Queen e Freddie Mercury. No Palacio de la Ópera de A Coruña o sábado 10 de xuño.
11 de xuño: “Vivir así es morir de amor”
O musical que ofrece un amplo percorrido polas cancións máis grandes e emblemáticas de Camilo Sesto. Gózao no Palacio de la Ópera de A Coruña o domingo 11 de xuño.
16 de xuño: “Colombia. Mi encanto”
Un espectáculo musical con con efectos especiais, excepcionais coreografías e as mellores cancións da película protagonizada por Maribel e a súa familia. No Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, o venres 16 de xuño.
18 de xuño: “Disney Rock. El musical”
Música, baile e diversión para toda a familia a ritmo dos mellores clásicos do pop e do rock das últimas décadas. No Auditorio Mar de Vigo o domingo 18 de xuño.
Como ves, en Galicia podes elixir entre propostas de música, teatro, exposicións, festas e moitas actividades máis para encher a túa axenda en xuño.