Estas festas van ser máis difíciles do normal. Por iso este Nadal estamos a regalarche varias opcións de lecer para que as poidas levar un pouco mellor. Ademais de Netflix Fan gratis durante 1 mes, se tes contratado internet fixo + móbil regalámosche gigas ilimitados en todas as liñas de móbil que teñas con R.

Deste xeito, aínda que non se reúna toda a familia á mesa, sentiraste máis preto deles a través de videochamadas no móbil, sen ter que preocuparte polos datos.

Como activar os gigas ilimitados

Para desfrutar deste regalo, debes activar os gigas ilimitados na web ou app de clientes (Android e iOS) de R ata o 7 de xaneiro.

Os datos de regalo consumiranse antes que os gigas que tes contratados na túa tarifa e inclúen roaming.

Ademais, non tes que estar pendente de cando acaba o bono porque se dará de baixa automaticamente para que desconectes de todo estes días.

Que podes facer este Nadal con gigas ilimitados

En R ocorréronsenos unha chea de ideas para que todos eses gigas gratis che axuden a darlle unha volta a este Nadal tan distinto. Estamos a desexar escoitar as túas e así, entre todos, converter estas festas en memorables .

    • Compra a lotería online.

    • Felicita e apoia nas súas redes sociais os bares onde adoitabas quedar para brindar e tomar o vermú en Nadal. Agradecerán escoitar canto os botas de menos.
Gigas ilimitados de regalo Navidad R

    • Pégate uns bailes na casa coas galas de Nadal por todos os que non che pegastes este ano. E faino rodeado da túa familia ou amigos en videochamadas sen fin porque en Nadal os gigas son ilimitados. Por certo, es dos que ven as galas ou prefires ver outra cousa no teu deco 4K?

    • Move o cuerpo e fai algo de exercicio para baixar as calorías. Non esquezas de monitorar a túa actividade con pulseiras como a Band Fit 2 do Samsung Galaxy FE. Suxerímosche un paseo polo Monte de San Pedro, na Coruña, ou que percorras unha vez máis a Muralla de Lugo, se o tempo acompaña. Onde prefires ti respirar aire puro entre tanta enchedela?
Gigas ilimitados de regalo Navidad R

    • Apoia a algunha causa na que poidas poñer o teu graniño de area, tipo o Regalo Azul de Unicef. Igual no teu barrio hai un comedor social ou residencia de anciáns aos que podes mostrar o teu agarimo e apoio.

    • E se queres máis ideas, aquí tes plans moi “Instagrameables”:

      • decora cos pequerrechos máscaras con motivos do Nadal.
      • adorna a túa xanela ou balcón para que se note máis que nunca que é Nadal e lembra comprar a decoración no comercio local.
      • prepara moitas galletas con toda a fariña que che sobrou do confinamento.
Gigas ilimitados de regalo Navidad R

Desfruta todo o que poidas e mantente conectado cos teus grazas aos gigas ilimitados de R.

Bo Nadal!