Se estás a pensar en como sorprender o teu pai este 19 de marzo, en R temos unha idea para ti. Por que non lle regalas máis tempo xuntos? Por que non lle regalas estar máis preto del? Por que non lle regalas estar conectados? Por que non lle regalas un móbil? Aquí tes dúas opcións a moi bo prezo para compartir moitos máis momentos ao seu lado:

Honor 50 Lite con 2 cotas gratis de seguro ‘Coidamos o teu móbil’ por 8€/mes e Xiaomi 11 Lite NE con 2 cotas gratis de seguro ‘Coidamos o teu móbil’ por 13€/mes.

Que ten cada un...

Honor 50 Lite, novidade en R

Honor 50 Lite, novidade en R

Acaba de chegar a R e non nos pode gustar máis esta novidade de Honor.

Ten unha pantalla grande de 6,67 polgadas para ver os vídeos dos netos con todo detalle. Ademais, o deseño é moi diferente ao resto de móbiles, porque as cámaras traseiras están colocadas en forma de círculo.

Para sacar fotos chulas en alta definición, o Honor 50 Lite conta cunha cámara cuádrupla: modo ultranítido de 64 MPX baseado en IA, lente grande angular de 8 MPX para ter máis perspectiva, sensor macro de 2 MPX e cámara de profundidade de 2 MPX.

E se arrinca cos selfies, ten 16 MPX.

Para que teña sempre a man os vídeos e presumir de familia conta con 128GB de almacenamento.

E se a batería de 4.300 mAh acábaselle, tardará moi pouco en cargalo grazas á súa carga rápida de 66W. Nuns 10 minutos xa o terá ao 40% de batería.

Dous detalles interesantes: ten certificación de luz azul reducida para protexer a vista e NFC para que pague directamente na tenda co móbil.

A memoria RAM é de 6GB e o sistema operativo, Android 11.

E en R pensamos que é moi bo regalo para o teu papaíño. Achégache á túa tenda R ou lévao directamente nesta ligazón: Honor 50 Lite con 2 cotas gratis de seguro ‘Coidamos o teu móbil’ por 8€/mes.

Xiaomi 11 Lite NE, rebaixado este mes

Xiaomi 11 Lite NE, rebaixado este mes

Aproveita que este Xiaomi baixa de prezo este mes en R.

Preguntarasche que é iso de NE, pois moi sinxelo: New Edition. É que Xiaomi presenta este novo modelo cunha potencia mellorada e maior velocidade.

Pantalla resistente AMOLED de 6,55 polgadas e un deseño lixeiro e manexable. O módulo da cámara traseira é case plano para que apenas sobresaia.

E falando da cámara: sensor principal de 64 MPX, ultra angular de 8 MPX con campo de visión 119º e telemacro de 5 MPX. Xa para selfies, 10 MPX.

Complétano: almacenamento de 128GB, memoria RAM de 8GB, batería de carga rápida 33W e sistema operativo Android 11.

En marzo baixa 2€, así que aforras un dineiriño no regalo do Día do Pai. Lévao en calquera tenda R ou cómprao en liña nesta ligazón: Xiaomi 11 Lite NE con 2 cotas gratis de seguro ‘Coidamos o teu móbil’ por 13€/mes.

E xa nos dirás se lle gustou o regalo.

Goza moito do teu papaíño.