A emoción da Fórmula 1 séguete acompañando en DAZN. O circuíto australiano de Albert Park e o italiano de Imola acollen as dúas citas de abril.

Leclerc gañou a primeira carreira, o Fórmula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2022, e segue sendo o líder do campionato, seguido do español Carlos Sainz Jr. e Verstappen, o gañador da pasada tempada.

Por equipos, Ferrari encabeza con folgura a clasificación. Detrás ten a Mercedes e Red Bull, moi igualados en puntos.

Pilotos e equipos teñen xa a vista posta na seguinte cita desta tempada, Fórmula 1 Heineken Australian Grand Prix 2022, que terá lugar o domingo 10 de abril.

O circuíto de Albert Park estrea novo asfaltado e melloras no trazado, con ampliacións de varias curvas, para facilitar adiantamentos e maiores velocidades.

Tras Australia, a emoción da Fórmula 1 trasládase a Italia. O domingo 24 de abril, quenda para o Fórmula 1 Rolex Gran Premio del Made In Italy e Dell’Emilia-Romagna 2022.

Á espera das novidades que os equipos poidan incorporar nos seus monoplazas para a cita en Imola, o que si teñen por diante é un difícil circuíto de 63 voltas e 4,909 quilómetros.

Preparado/a para gozar de toda a emoción da Fórmula 1?

E, ademais, en DAZN podes gozar do mellor baloncesto, boxeo e fútbol.

Este servizo de streaming dedicado aos deportes permite gozar de retransmisións en directo e á carta.

Se o contratas agora a través de R, terás unha promoción especial coa que che ofrecemos 3 meses de agasallo do servizo. Sen compromiso de permanencia e co pago integrado na factura de R.

Contrátao de forma rápida e fácil a través da área de cliente/a ou da app de cliente/a e vive a tope a Fórmula 1.