No extremo oriental da costa de Lugo, e á beira de Asturias, está Ribadeo. O municipio no que se atopa unha das praias máis famosas, a Praia das Catedrais, e que conta coa rede de fibra máis rápida do mercado, a de R.
Agora, se vives en Ribadeo, xa podes contratar a mellor rede de fibra óptica ata o teu fogar ou ata o teu negocio.
Consultar cobertura de fibra en RibadeoCales son as principais vantaxes da fibra de R en Ribadeo
A nosa fibra está preparada para ofrecerche ata 10 Gb de velocidade simétrica. É dicir, unha conexión coa mesma velocidade de subida que de baixada e ata 4 veces máis rápida que a doutras fibras. De momento, xa estamos a dar 1 Gb aos nosos clientes particulares pero a nosa oferta conta con máis vantaxes. Segue a ler.
Engade móbil á túa oferta de fibra
Se tamén contratas o teu móbil con R dispoñerás da mellor tarifa de datos ilimitados, con chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.
E para que navegues aínda máis rápido poderás dispoñer das vantaxes da tecnoloxía 5G alí onde xa teñamos despregada esta nova tecnoloxía móbil e sempre que o teu teléfono sexa compatible.
A final de mes, fibra e móbil nunha mesma factura. Máis sinxelo, máis práctico e, ademais, aforrando.
Ver ofertas de fibra + móbil en RibadeoComo contratar ou cambiar a fibra MAX
Tanto se es cliente coma se aínda non te decidiches, é fácil e rápido.
Se xa es cliente/a, chamarémoste en canto a rede estea dispoñible na túa zona. Concertamos unha cita contigo cando mellor che vaia e achegámonos ao teu domicilio para instalarche os nosos equipos de forma gratuíta.
Se aínda non es cliente/a de R, infórmate, chámanos ou contacta connosco/as a través da nosa web. Calquera dúbida, estaremos encantados/as de axudarche a resolvela.
Cobertura de fibra en Ribadeo
Xa hai unhas 5.000 vivendas e negocios en Ribadeo que están a aproveitar a nosa oferta de fibra MAX.
Se aínda non chegou á túa zona, non te preocupes. Queremos ser o operador con máis cobertura propia en Ribadeo, así que seguimos traballando niso para que cada vez máis veciños poidades acceder á rede de fibra máis moderna do mercado.
Ribadeo e a Praia das Catedrais
A Praia das Catedrais converteuse no lugar máis recoñecido deste municipio da Mariña de Lugo, o máis oriental, e separado da veciña Asturias polo río Eo.
Pero Ribadeo é moito máis. O seu centro histórico foi Declarado Ben de Interese Cultural.
Ao longo da historia, en Ribadeo conviviron fidalgos e comerciantes con mariñeiros e artesáns e no seu núcleo urbano mestúranse palacios con construcións sinxelas e tradicionais.
Do seu variado patrimonio histórico e artístico destacan o palacio neoclásico de Ibáñez, o Pazo de Cedofeita, a Torre dos Moreno e a Capela da Atalaia do S. XII.
Arquitectura indiana e sabor a mar
Mención especial merece o "Barrio Indiano de San Roque", que concentra o maior número de "Casonas Indianas", construídas por emigrantes retornados de América e caracterizadas polas súas vivas cores e elegantes decoracións.
Fóra do centro urbano, son parada obrigatoria Rinlo, co seu porto e a súa rica gastronomía, e o Faro de Illa Pancha, hoxe convertido en establecemento hostaleiro.
En Ribadeo non podía falta a conexión da internet máis rápida e moderna do mercado, a de R, a mellor maneira de que os/as ribadenses compartan co mundo os seus moitos atractivos.
Imaxe: Turismo de Ribadeo.