A nosa fibra MAX chegou ao corazón da Ribeira Sacra. Os/as veciños/as de Monforte contan xa coa mellor rede da internet para navegar con velocidade e seguridade, xogar en liña sen retardos ou gozar en calidade 4K dos seus contidos favoritos de Netflix ou Prime Video.
Se queres contratar fibra en Monforte, consulta a nosa cobertura e todo o que podemos ofrecerche.
Consultar cobertura de fibra en Monforte de LemosOferta de fibra de R en Monforte de Lemos
En R empeñámonos en levar a nosa rede ultrarrápida a cada recuncho de Galicia para que cada vez máis localidades poidan gozar das súas moitas vantaxes. Queres saber cales son?
Tarifa de móbil con cobertura 5G en Monforte de Lemos
Temos o mellor complemento para fibra MAX: unha tarifa de datos ilimitados con cobertura 5G.
Gozarala de forma automática en todas aquelas zonas onde teñamos completada a despregadura desta tecnoloxía e sempre que o teu teléfono sexa compatible.
A nosa tarifa tamén inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.
Así que, se tamén contratas o teu móbil con R, unificarás facturas e aforrarás un pouquiño.
Ver ofertas de fibra + móbil en Monforte de LemosContrata ou cambia a fibra MAX en Monforte de Lemos
Se aínda non es cliente/a de R, na nosa web podes consultar os detalles da oferta. Ou chámanos e contarémosche de forma personalizada que ofrece fibra MAX.
Se xa es cliente/a, nin custos nin trámites adicionais para ti. Nós poñerémonos en contacto contigo cando a rede estea dispoñible na túa zona para acudir ao teu domicilio a instalarche os novos equipos.
Cobertura de fibra en Monforte de Lemos
Case 3.000 empresas e particulares de Monforte de Lemos están xa gozando das vantaxes da rede máis moderna do mercado.
A nosa fibra chega directamente ata o fogar (FTTH) e seguimos mellorándoa cada día para que dispoñan dela máis veciños/as e lugares.
Agora, se vives en Monforte, contacta connosco para saber que pode ofrecerche fibra MAX, tanto para a túa casa como para o teu negocio ou empresa.
Monforte, a monumental capital da Ribeira Sacra
Monforte, capital e centro xeográfico da Ribeira Sacra, é unha localidade repleta de historia, patrimonio e paisaxe.
Para empezar, sabías que o chamado Escorial de Galicia está en Monforte? Así é coñecido o colexio "Nuestra Señora de la Antigua", un edificio de estilo herreriano dos séculos XVI-XVII con igrexa central, escaleira monumental, cúpula e unha pinacoteca con obras de artistas como El Greco.
Do seu extenso patrimonio sobresae tamén o conxunto monumental San Vicente del Pino, formado pola Torre da Homenaxe, o Palacio Condal e o Mosteiro Benedictino, que hoxe albergan o Parador de Turismo.
Centro histórico de Monforte
Un paseo polas empedradas rúas do seu centro histórico déixanos ver a xudería e as casas de ilustres xudeus, como os Gaibor. E a vella ponte de orixe romana une a actual zona comercial co Museo de Arte Sacra das Madres Clarisas.
En canto á súa riqueza natural, o río Cabe atravesa Monforte e é o mellor pulmón verde natural para veciños/as e visitantes, co seu club fluvial, o seu sendeiro e as súas barcas de alugueiro.
Terra de tren e viño
Dous sectores marcan a historia pasada e presente de Monforte: o ferrocarril e o viño. E por iso é sede do Museo do Ferrocarril de Galicia e do Centro do Viño Ribeira Sacra.
Agora, o epicentro desta bisbarra senlleira de Galicia recibe o empuxón tecnolóxico da rede de fibra máis moderna do mercado, a de R.
Imaxe de Nuestra Señora de la Antigua: Concello de Monforte.