A nosa fibra MAX chegou ao corazón da Ribeira Sacra. Os/as veciños/as de Monforte contan xa coa mellor rede da internet para navegar con velocidade e seguridade, xogar en liña sen retardos ou gozar en calidade 4K dos seus contidos favoritos de Netflix ou Prime Video.

Se queres contratar fibra en Monforte, consulta a nosa cobertura e todo o que podemos ofrecerche.

Consultar cobertura de fibra en Monforte de Lemos

Oferta de fibra de R en Monforte de Lemos

En R empeñámonos en levar a nosa rede ultrarrápida a cada recuncho de Galicia para que cada vez máis localidades poidan gozar das súas moitas vantaxes. Queres saber cales son?

  • Ata 10Gb de velocidade da internet. Algo así como 4 veces máis rápida que outras fibras e igual velocidade de subida e de baixada. O noso internet está preparado para alcanzar os 10 Gb no futuro e os nosos/as usuarios/as particulares xa están a gozar de 1Gb.
  • Máis cobertura e velocidade. O noso sistema wifi 6 universal permíteche navegar a pleno rendemento, aínda que te afastes do router.
  • Seguridade. Usamos o protocolo sen fíos WPA3, que é o máis seguro do mercado.
  • Sen retardos. Adeus aos problemas de latencia ou ping grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming e a plataformas como twitch.
  • Contidos en calidade 4K co noso decodificador Android. Incluímos un deco que pode converter a túa tele nunha Smart TV. Así accederás ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K. Tamén gozarás de rebobina ou poderás descargar as túas apps favoritas.

  • Tarifa de móbil con cobertura 5G en Monforte de Lemos

    Temos o mellor complemento para fibra MAX: unha tarifa de datos ilimitados con cobertura 5G.

    Gozarala de forma automática en todas aquelas zonas onde teñamos completada a despregadura desta tecnoloxía e sempre que o teu teléfono sexa compatible.

    A nosa tarifa tamén inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.

    Así que, se tamén contratas o teu móbil con R, unificarás facturas e aforrarás un pouquiño.

    Ver ofertas de fibra + móbil en Monforte de Lemos

    Contrata ou cambia a fibra MAX en Monforte de Lemos

    Se aínda non es cliente/a de R, na nosa web podes consultar os detalles da oferta. Ou chámanos e contarémosche de forma personalizada que ofrece fibra MAX.

    Se xa es cliente/a, nin custos nin trámites adicionais para ti. Nós poñerémonos en contacto contigo cando a rede estea dispoñible na túa zona para acudir ao teu domicilio a instalarche os novos equipos.

    Cobertura de fibra en Monforte de Lemos

    Case 3.000 empresas e particulares de Monforte de Lemos están xa gozando das vantaxes da rede máis moderna do mercado.

    A nosa fibra chega directamente ata o fogar (FTTH) e seguimos mellorándoa cada día para que dispoñan dela máis veciños/as e lugares.

    Agora, se vives en Monforte, contacta connosco para saber que pode ofrecerche fibra MAX, tanto para a túa casa como para o teu negocio ou empresa.

    Monforte, a monumental capital da Ribeira Sacra

    Monforte, capital e centro xeográfico da Ribeira Sacra, é unha localidade repleta de historia, patrimonio e paisaxe.

    Para empezar, sabías que o chamado Escorial de Galicia está en Monforte? Así é coñecido o colexio "Nuestra Señora de la Antigua", un edificio de estilo herreriano dos séculos XVI-XVII con igrexa central, escaleira monumental, cúpula e unha pinacoteca con obras de artistas como El Greco.

    Do seu extenso patrimonio sobresae tamén o conxunto monumental San Vicente del Pino, formado pola Torre da Homenaxe, o Palacio Condal e o Mosteiro Benedictino, que hoxe albergan o Parador de Turismo.

    Centro histórico de Monforte

    Un paseo polas empedradas rúas do seu centro histórico déixanos ver a xudería e as casas de ilustres xudeus, como os Gaibor. E a vella ponte de orixe romana une a actual zona comercial co Museo de Arte Sacra das Madres Clarisas.

    En canto á súa riqueza natural, o río Cabe atravesa Monforte e é o mellor pulmón verde natural para veciños/as e visitantes, co seu club fluvial, o seu sendeiro e as súas barcas de alugueiro.

    Terra de tren e viño

    Dous sectores marcan a historia pasada e presente de Monforte: o ferrocarril e o viño. E por iso é sede do Museo do Ferrocarril de Galicia e do Centro do Viño Ribeira Sacra.

    Agora, o epicentro desta bisbarra senlleira de Galicia recibe o empuxón tecnolóxico da rede de fibra máis moderna do mercado, a de R.

    Imaxe de Nuestra Señora de la Antigua: Concello de Monforte.