As festas de Portonovo 2026 na honra de San Roque celébranse do 14 ao 19 de agosto neste municipio de Sanxenxo. Seis días de verbenas con orquestras, a sardiñada popular, o Día do Can e moito máis. Contámosche todo o programa das festas de Portonovo 2026.

Programa das festas de Portonovo 2026

cartel fiestas portonovo 2026
Imaxe: Concello de Sanxenxo

O primeiro que tes que saber é cando son as festas de Portonovo 2026. Os festexos de San Roque empezan o venres 14 de agosto e terminan o mércores 19 de agosto.

Nas festas de San Roque de Portonovo 2026 en Sanxenxo, tradición e animación combínanse durante seis días nos que destacan a sardiñada popular do venres 14, a procesión do Encontro de Imaxes e o espectáculo pirotécnico do domingo 16.

Ademais, haberá verbenas con orquestras fronte á lonxa e atraccións en Rafael Picó e no parque.

Estas son as principais actividades do programa das festas de Portonovo 2026 por San Roque, que anunciou o Concello de Sanxenxo.

Venres, 14 de agosto 2026 - Día do Mariñeiro

  • 10:00 h. Pasarrúas con Os Gatiños de Portonovo e Lembranzas.
  • 12:00 a 14:30 h. Entorno da Lonxa: Sardiñada popular.
  • 12:30 h. Entorno da Lonxa: concerto de Voces de Sempre e Portonovo Canta.
  • 22:30 h. Verbena coas orquestras Atenas e Charleston Big Band.

Sábado, 15 de agosto 2026 - Día de Santa María de Adina

  • 10:00 h. Pasarrúas con Lembranzas e Os Gatiños de Portonovo.
  • 12:00 h. Igrexa parroquial de Adina: Misa en honor a Santa María, seguida de procesión.
  • 19:00 h. Dende a Igrexa de Adina ata a Capela de Santa Catalina: Baixada dos Santos.
  • 22:30 h. Verbena coas orquestras Los Players e America S.L.

Domingo, 16 de agosto 2026 - Día Grande San Roque

  • 10:00 h. Pasarrúas con Lembranzas, Os Gatiños de Portonovo e Banda de Música de Sanxenxo.
  • 11:00 h. Capela Santa Catalina: misa en honor a San Roque.
  • 12:00 h. Procesión do Encontro.
  • 13:00 h. Campo de San Roque: concerto Banda de Música de Sanxenxo.
  • 19:00 h. Misa en honor a San Roque, seguida de procesión.
  • 22:30 h. Verbena coas orquestras Marbella e Alkar.
  • 00:00 h. Espectáculo Pirotécnico.

Luns, 17 de agosto 2026 - Día do Carme

  • 10:00 h. Pasarrúas con Lembranzas, Os Gatiños de Portonovo e Banda de Música de Redondela.
  • 13:30 h. Campo San Roque: concerto Banda de Música de Redondela.
  • 19:00 h. Capela Santa Catalina: Misa en honor á Virxe do Carme. Ofrenda á Virxe do Carme.
  • 22:30 h. Verbena con Panorama e Studio 21 DJ.

Martes, 18 de agosto 2026 – Día do Can

  • 10:30 h. Pasarrúas con Lembranzas e Os Gatiños de Portonovo.
  • 11:00 h. Carreira Popular IV Memorial Rafael González Michu.
  • 17:30 a 21:30 h. Xornada de Xogods Populares.
  • 20:00 h. Entorno da Lonxa: Desfile Disfraces de cans.
  • 22:30 h. Verbena coas orquestras París de Noia e DJ Paco Vulkano.

Mércores, 19 de agosto 2026 - Día do Neno

  • Prezo especial para nenos/as nas atraccións.
  • 19:00 a 20:00 h. Hora sen ruído.

Festas de Portonovo: Encontro de Imaxes

festas portonovo san roque
Fonte: Concello de Sanxenxo

A procesión do Encontro de Imaxes das festas de San Roque de Portonovo é unha tradición con máis de 2 séculos de historia.

Consiste nun "saúdo" entre as diferentes imaxes da parroquia: as santas da Igrexa Parroquial e os santos da Capela de Portonovo. Portadas en procesión polos veciños, tras o fin da misa solemne do día de San Roque, atópanse diante do colexio público de Portonovo.

Tradición do San Roque en Portonovo

A finais do século XVI, en Sanxenxo sufriron unha epidemia de peste bubónica.

Por que che contamos isto nun post de festas? Pois porque aí arrinca en Portonovo a devoción a San Roque, do que se dicía que era un protector contra a enfermidade.

Séculos despois, as festas de Portonovo non se esquecen do seu querido San Roque e converten o seu día nunha das festas máis populares de Galicia.

Portonovo, imprescindible do verán galego

festas portonovo romeria
Fonte: Concello de Sanxenxo

Portonovo, en Sanxenxo, é un dos lugares máis visitados de Galicia no verán.

Razóns hai dabondo, destacando as súas fantásticas praias, como Canelas, Montalvo ou Baltar; ou a súa rica gastronomía, co marisco e, sobre todo, coa famosa raia como gran protagonista (na primavera celébrase a Festa da Raia e Produtos do Mar de Portonovo).

Ademais de ser un lugar estratexicamente colocado para visitar outro dos nosos paraísos naturais: as illas Cíes.

E, para redondear estes plans de verán, nada mellor que as festas de San Roque, patrón de Portonovo.

Fonte imaxe cabeceira: Concello de Sanxenxo.