As festas en Cedeira 2025 honran do 1 ao 18 de agosto á patroa dos mariñeiros e da localidade, á Nosa Señora do Mar. O programa das festas de Cedeira 2025 inclúe concertos, orquestras, fogos artificiais, teatro... Tampouco faltan a tradicional procesión marítima, o Entroido de Verán nin a Xira a San Antonio.

Programa das festas de Cedeira 2025

Fiestas de Cedeira 2025

Imaxe: Concello de Cedeira

O pistoletazo oficial de inicio das festas en Cedeira 2025 márcao o pregón o luns 11 de agosto, a cargo de Protección Civil de Cedeira xunto á AC Buxainas.

Ese mesmo día celébrase tamén o Entroido de Verán, con festa da escuma.

Outras datas sinaladas do programa das festas de Cedeira 2025 son o venres 15 de agosto, que é o día da patroa e o sábado 16 de agosto, cando ten lugar a procesión marítima.

O domingo 17 tócalle a quenda á Xira a San Antonio e o luns 18 finalizan as festas.

Descarga o programa das festas en Cedeira 2025, que publica o Concello de Cedeira, con todas as actividades dende o venres 1 de agosto ata o luns 18 de agosto.

Venres, 1 de agosto

  • 20:00 h. Praza Floreal: espectáculo familiar "O Gran Reto" dos Bolechas.

Sábado, 2 de agosto: Festival Discalz@s polo Festival

  • 17:00 h. Praza da Revolta: obradoiros e xogos para peques.
  • 18:00 h. Charanga dende Praza Marieta ata Praza da Revolta.
  • 19:00 h. Praza da Revolta: concerto de Uxía Lambona para público infantil.
  • 21:00 h. Praza da Revolta: concertos de Zålomon Grass, Sobrinus, MaCheta Supah Sound, Alpargata e Carta Suicida.

Domingo, 3 de agosto: Festival Discalz@s polo Festival

  • 13:00 h. Praza da Revolta: sesión vermú ata a tarde coas actuacións de Salty Roots, Pechabares, Caldeirada e Gran Poder.

Luns 4 a xoves 7 de agosto

  • Polas mañás. Praza Roxa: Semana infantil.

Venres, 8 de agosto

  • 19:00 h. Carreira popular.

Domingo, 10 de agosto

  • 17:30 h. Travesía a Nado Concello de Cedeira.

Luns, 11 de agosto

  • 20:00 h. Praza do concello: pregón a cargo de Protección Civil de Cedeira xunto á AC Buxainas.
  • 22:30 h. Praza Floreal: Entroido de Verán, con Discomóbil CDC e festa da escuma.

Martes, 12 de agosto

  • 20:00 h. Praza Floreal: espectáculo "Mute" da compañía Orain Bi.
  • 22:30 h. Praza Roxa: Grupo Claxxon.

Mércores, 13 de agosto

  • 18:00 h. Paseo da Mariña: xogos populares.
  • 20:00 h. Praza Floreal: espectáculo familiar "Píllalo" de Pistacatro.
  • 23:00 h. Praza da Revolta: orquesta Olympus e Brunokavi DJ.

Xoves, 14 de agosto

  • 20:00 h. Praza Floreal: espectáculo familiar "Otros aires" de Dúo Laos.
  • 22:30 h. Praza Roxa: orquestras Origen e Miramar.

Venres, 15 de agosto: día da patroa

  • 12:00 h. Misa cantada coa Coral Virxe do mar.
  • 13:30 h. Praza Roxa: concerto da Banda de Música Vila de Cedeira.
  • 19:00 h. Campo de fútbol municipal: partido amistoso Cedeira SD - CD Cariño.
  • 22:30 h. Praza Roxa: orquestras Fania Blanco Show e Los Coleguitas.
  • 00:00 h. Fogos artificiais.

Sábado, 16 de agosto

  • 11:00 h. Misa e tradicional procesión marítima coa Banda de Música Vila de Cedeira.
  • 21:00 h. Praza Roxa: concertos de Xurxo Fernandes-Levaino, Budiño e Los eternos.

Domingo, 17 de agosto: día da Xira

  • 22:30 h. Praza Roxa: orquestra New York.

Luns 18, de agosto

  • 19:00 h. Parque dos Patos: Coro da Rá.
  • 21:30 h. Parque Sano Isidro: Xan Campos_Amorodios.

Tradicións nas festas de Cedeira 2025

fiestas cedeira tradicion
Imaxe: Concello de Cedeira

Hai dous días sinalados nas festas de Cedeira 2025, que teñen lugar a fin de semana do sábado 16 e domingo 17 de agosto.

O sábado 16 de agosto, celébrase o evento máis solemne e cargado de devoción das festas de Cedeira: a misa e posterior procesión marítima, coa patroa, A nosa Señora do Mar, como gran protagonista.

Portada aos ombreiros por integrantes da Confraría da Virxe do Mar e Santa Ana, a imaxe percorre o camiño entre a igrexa e o peirao, acompañada de numerosos fieis e da Banda de Música Vila de Cedeira, antes de ser embarcada e iniciar o seu tradicional periplo marítimo ante a atenta mirada de centos de veciños e visitantes.

O domingo 17 de agosto, é a quenda da romaría e a popular Xira en San Antón de Corveiro, con liturxia relixiosa e comida campestre na contorna da ermida, pechan ao grande unhas festas cedeirenses repletas de tradición e de animación.

Non perdas as festas en Cedeira 2025 para gozar ao grande. Apúntaste?

Fonte imaxe de cabeceira: Canle Youtube de Daruason Torres.