Do 28 ao 31 de agosto ten lugar a Festa Normanda de Foz 2025, coa que se rememora o errado desembarco viquingo na localidade. E faino cun completo programa de actividades no Campamento Normando ou na praia de Tupide, onde se celebra a Gran Representación do Ataque Normando. Consulta aquí todo o programa da Festa Normanda Foz 2025.

Programa da Festa Normanda de Foz 2025

Fiesta Normanda de Foz 2025

Imaxe: Festa Normanda Foz

A Festa Normanda de Foz celébrase dende o ano 2011 e trasládanos ao século X, cando as costas galegas eran arrasadas polos normandos. A localidade mariñá foi unha das que sufriu un intento de desembarco viquingo, aínda que non frutificou. Agora lembran aquela época e, de paso, honran ao que a lenda popular considera o seu heroe salvador, o "Bispo Santo".

O programa da Festa Normanda de Foz 2025 comeza o xoves 28 de agosto coa apertura do Mercado Normando no Paseo da Ribeira e finaliza o domingo 31 de agosto.

Catro días de celebracións onde non faltan as representacións teatrais, a música, os pasarrúas, as exposicións, os talleres, os xogos populares, a gastronomía… e, sobre todo, a Gran Representación do Ataque Normando na praia de Tupide.

A Asociación Desembarco Normando dará moi pronto a coñecer todos os detalles do programa da da Festa Normanda de Foz 2025, que che contaremos por aquí para que goces do desembarco viquingo Foz 2025.

Mentres, deixámosche un resumo das principais actividades que se realizan cada ano:

Xoves, 28 de agosto

  • Apertura do Mercado Normando no Paseo da Ribeira.

Venres, 29 de agosto

  • 12:00 h (horario sen confirmar). Paseo da Ribeira: Inauguración do Campamento Normando.
  • 21:00 h (horario sen confirmar). Área recreativa Bispo Santo: Pregón.
  • A continuación, representación teatral da Lenda de San Gonzalo e nomeamento do “Focego Maior”.

Sábado, 30 de agosto

  • 11:00 h (horario sen confirmar). Apertura do mercado e actividades no Campamento.
  • 13:00 h (horario sen confirmar). Formación das tropas normandas e combates no Campamento Normando.
  • 14:00 h (horario sen confirmar). Praia de Tupide: Gran Representación do Ataque Normando, co Milagre de San Gonzalo.
  • 23:30 h (horario sen confirmar). Preparación no campamento e ritual de celebración do Funeral Normando, con procesión dende o campamento ata a Praia de Tupide.
  • 00:00 h (horario sen confirmar). Praia de Tupide: Funeral Normando e espectáculo pirotécnico.

Domingo, 31 de agosto: Día infantil

  • 12:00 h (horario sen confirmar). Apertura do mercado e actividades no Campamento.
  • 17:00 h (horario sen confirmar). Desembarco infantil no Campamento.
  • A continuación, Festa da Escuma.

Desembarco Viquingo Foz 2025

O Desembarco Viquingo Foz 2025 conta con dúas representacións históricas estelares.

A máis vistosa é a representación do Ataque Normando, que ten lugar o sábado na contorna da praia de Tupide. Alí rememórase o errado desembarco e afundimento dos barcos viquingos.

Ataviados con vestimenta da época, veciños e voluntarios escenifican aguerridos combates sobre a area e a praia. Especialmente vistosas resultan as recreacións de naves viquingas.

E a outra grande escena histórica da Festa Normanda de Foz 2025 representa o venres, en forma de obra teatral, o milagre de San Gonzalo que impediu a incursión. Agora che contamos quen é San Gonzalo e cal é a súa lenda.

Agora contámosche quen é San Gonzalo e cal é a súa lenda.

A lenda de San Gonzalo

festa normanda foz barcos
Imaxe: Foto de Ramón Fraga López - Festa Normanda Foz

Nunha época na que as invasións viquingas se repetían no Reino de Galicia, unha gran frota normanda tentou arribar á costa de Foz.

Por aquel entón, o bispo de San Martiño de Mondoñedo era Gonzalo, un home moi respectado e querido polos veciños.

Di a tradición popular que San Gonzalo, xa vello e enfermo, guiou ao pobo de Foz ata o alto dun monte para salvalo do inminente saqueo das hordas viquingas que estaban a piques de desembarcar na costa.

Dende alí arriba, San Gonzalo e os focenses vían chegar a impresionante frota invasora; asustados e indefensos, comezaron a rezar. Entón, o ceo nubrouse e comezou unha forte tempestade que foi afundindo unha a unha as naves viquingas.

Nese mesmo lugar, o Alto da Grela, eríxese hoxe a capela de San Gonzalo (o "Bispo Santo") e celébrase unha tradicional romaría.

E, dende 2011, a errada invasión viquinga recórdase tamén coa popular Festa Normanda en Foz, que suma actividades e adeptos cada ano.

Non perdas a Festa Normanda de Foz 2025, do 28 ao 31 de agosto; que pecha o programa festivo de agosto, que comezou coas Festas de San Lourenzo Foz 2025.

Fonte imaxe cabeceira: Pablo Cid Gómez - Festa Normanda Foz.