A configuración do wifi é un dos temas polos que máis nos preguntas. Ás veces vaiche lento e non sabes que facer, ou non lembras o contrasinal e tes visita en casa. A solución está a esperarte na App de cliente de R. E preparamos un titorial para explicarche paso por paso como xestionar a túa rede wifi dende o móbil.
O primeiro que debes facer é descargar a App de cliente de R para móbiles Android e iOS e loguearte. Unha vez dentro, atoparás todas as opcións relacionadas coa túa wifi no botón “a miña wifi”.
Dende aí poderás consultar a clave wifi, cambiar os datos da rede wifi ou cambiar a canle para evitar interferencias. Lembra que en R recomendámosche utilizar a rede de 5Ghz do teu router.
Ademais, dende o botón "internet" dos teus servizos contratados poderás facer un test de velocidade, configurar o router e configurar as contas de correo de R entre outras opcións.
O dito, aquí o tes todo explicadiño neste videotitorial:
Esperamos que che servira de axuda. Descubre todos os servizos que podes xestionar dende a App de cliente de R.
E para calquera dúbida, escríbenos un comentario.