Ao final do verán acabas sempre co móbil feito un trapo. Non, a area non lle gusta tanto como a ti e treme cando te fas un selfie na beira. Se non queres recorrer aos primeiros auxilios ou a comprar outro porque o estreaches hai pouco, debes extremar os coidados durante os meses que eles máis sofren e ti mellor o pasas . Con catro detalles, daraslle un bo verán ao teu móbilR. Toma nota!
Area
As minúsculas partículas de area métense en todas partes, mesmo nos portos ou a cámara do teu teléfono. Ademais, son especialistas en raiarche a pantalla. Garda sempre o móbil nunha bolsiña ou neceser en lugar de deixalo enriba da toalla.
Auga
Coa auga tamén debes ter moito coidado, se o levas a pasear pola beira ou facer o pousado do verán, pode mollarse ou directamente facer submarinismo. Evita estes desgustos cunha funda acuática impermeable.
Crema
O terceiro elemento favorito do teu teléfono no verán: a crema. A ti protexerache, pero a el pódelle facer moito dano se o embadurnas. Ten sempre a man a gamuza das lentes de sol para limpalo seguindo estes consellos. Outra solución é facerte cos Galaxy Buds+, ademais de escoitar música, permítenche atender chamadas e moito máis sen ter que tocar o móbil.
Sol
O sol directo no móbil provoca que quente en exceso. Algo mortal para a túa batería. Mantenlo sempre á sombra e toma outras precaucións para evitar que se converta nun forno: evita usar apps esixentes, desconecta o Bluetooth e a localización e pecha as aplicacións en segundo plano. Se xa é tarde, apágao, quítalle a funda e tenta que arrefríe canto antes.
E ademais da calor, os raios de sol tamén che impiden ver a pantalla, nin con visera é posible. Opcións: poñerlle un protector de pantalla antibrillo e antirreflexos; xogar co brillo, aínda que a maioría dos móbiles veñen xa cun axuste automático; ou investir as cores (falo nos axustes de accesibilidade).
Roupa
Parece mentira, pero a roupa estival tamén pode ser un inimigo do teu teléfono. Usas pezas máis folgadas, con petos pequenos, que non suxeitan ben o móbil e aumentan as posibilidades de caída. Ademais, posllo máis fácil aos amigos do alleo. Leva o móbil sempre ben gardado e bótalle un ollo aos seguros Coida o teu móbil de R.
E se pensabas renovar o teu móbil no verán, os novos LG que temos en R: LG K41s e LG K51s veñen con 5 anos de garantía.
Se nos fas caso, alongarás a vida do teu móbil para que aguante o tute que lle dás no verán.
Ti tes algún truquiño? Cóntanolo.