O erro máis común á hora de limpar o móbil é facelo como se se tratasede xanelas. E adiantámosche que usar limpiacristais está totalmente prohibido, do mesmo xeito que a lixivia. Pensa que os teléfonos son dispositivos delicados que podes estragar se non segues unhas recomendacións básicas de limpeza e desinfección que queremos compartir contigo.

Antes de poñerte ao choio, ten isto moi presente:

  • apaga e desenchufa o teléfono
  • non utilices a camiseta ou un papel de cociña, porque soltan peluxes que poderían raiar ou danar o teu móbil
  • xamais apliques ningún produto directamente sobre o teléfono, faino sempre nun pano
  • non utilizar lixivia, limpiacristais ou produtos abrasivos que poden destruír a capa oleófuga do teu móbil, esa que evita que queden as pegadas marcadas

Con todo isto claro, xa podes empezar. Ao retirar a funda protectora atoparáste cunha desagradable sorpresa, está máis sucia do que esperabas. Sairá facilmente con auga e xabón.

Para limpar o teu móbil utiliza o típico pano das lentes, que ao ser de microfibra non solta peluxe, e é fácil que teñas un por casa. Podes humedecelo en auga para un mellor acabado, pero ten coidado con non mollar zonas sensibles como as rañuras ou a cámara. Limpa toda a superficie con movementos circulares e sécaa ben ao terminar.

Agora xa tes o teléfono limpo, pero non desinfectado de virus e bacterias. O máis recomendable é usar toalliñas que teñan un 70% de alcol isopropílico. Apple recomenda as de marca Clorox, pero se non queres learte demasiado, podes facer ti o líquido na casa. Mestura 70 ml do alcol de 96º con 30 mil de auga, axita e listo. Humedece o pano de microfibra e pásaa polo teléfono.

Outros dispositivos

Esta rutina de limpeza sérveche para outros dispositivos que usas diariamente, como o ordenador, o rato ou o mando da consola ou a tele.

Recomendaciones para limpiar y desinfectar tu móvil y otros dispositivos

Para limpar os espazos entre teclas ou pequenas xuntas, bota man dun bastonciño húmido, aplicándoo sempre con moito coidado.

Recomendámosche que repitas o proceso con certa frecuencia, especialmente se compartes o ordenador coa túa familia na casa ou se lles deixas o móbil aos peques para ver os debuxos.

E se tes calquera dúbida, por aquí estamos.