Comezou a temporada 2017/2018 da Liga de fútbol. Para que non perdas detalle de ningunha das categorías de fútbol profesional e afeccionado das que es un fiel seguidor, aquí che mostramos algunhas das apps para seguir os resultados deportivos e clasificacións.

Pero tranqui, non vai ser todo é darlle a unha pelota co pé. Tamén poderás consultar os resultados doutros deportes. Menos mal!

La Liga

É a app oficial da Liga Profesional de Fútbol de España a través da cal podes recibir notificacións, en tempo real, do inicio dos partidos, dos goles, dos resultados, das substitucións, das expulsións e do final de cada partido.

Aquí vai todo de fútbol, podes seguir LaLigaSantander, LaLiga123, Copa del Rey, UEFA Champions League, UEFA Europa League, Liga Feminina Iberdrola, liga de fútbol inglesa, alemá, francesa, italiana e moitas máis.

Como esteas ao loro de todo vanche fichar no Chiringuito de Jugones .

Dispoñible para Android e iOS.

La Liga

MisMarcadores

Esta app ademais de informar de resultados do fútbol tamén o fai doutros deportes como o tenis, baloncesto, golf, e moitos máis. Tamén poderás recibir notificacións de cando comeza e finaliza un partido, de cando marcan gol e todo ao mesmo tempo que o público que o está a ver en vivo e en directo.

Como aquí hai moitas competicións de moitos deportes, podes configurar as notificacións segundo as túas preferencias.

Dispoñible para Android e iOS.

Mis marcadores

Sigue tu liga

É unha app da terra, xa que foi ideada e desenvolvida por uns rapaces galegos informáticos. Aínda que está dirixida aos seareiros e clubs de deportes modestos, tamén inclúe as ligas profesionais.

Con esta app ti podes crear a túa propia liga, a do teu equipo, e configurar as notificación para saber todo sobre as ligas que segues. Tamén podes proporcionar a información que consideres rexistrándote na web e creando un usuario.

Ademais, esta app permite aos clubs que poñan os seus patrocinadores e así colaborar un pouquiño máis co equipo.

Dispoñible para Android.

Lapreferente

No ano 2001 dous amigos de Granada crearon unha  para seguir o fútbol modesto. Co paso do tempo foron incluíndo máis deportes e agora tamén teñen unha app. Esta aplicación inclúe resultados, clasificacións, bases de datos de xogadores e estatísticas das ligas profesionais e modestas de fútbol, fútbol sala, baloncesto e rugby.

Dispoñible para Android.

La preferente

MatchApp

Trátase dunha app exclusiva de fútbol base federado e afeccionado. Inclúe información das Federacións Autonómicas de Fútbol e máis de 3000 competicións.

A través dela podes consultar os calendarios dos partidos do teu equipo, os resultados , xeolocalización dos campos e ata a predición meteorolóxica na hora do partido. Xa ves, todo facilidades para que non te perdas cando vaias xogar fóra da túa área de control e non chegues tarde

Dispoñible para Android e iOS.

E ti, empregas algunha app para seguir o teu deporte preferido? Xa nos contas para tela en conta .

Ata a próxima!

Gif de http://melhoresgifsdomundo.tumblr.com