O móbil converteuse no mellor aliado para os ciclistas, que a través de aplicacións moi sinxelas comparten rutas, marcan retos ou monitorizan a túa carreira. Traémosche as apps móbiles para ciclistas que debes descargar no teu móbil se es un apaixonado do ciclismo.
Apps para rutas en bici
Cales son os puntos fortes de usar apps para rutas en bicicleta? As vantaxes son moitas, porque ademais de facer comunidade con outros afeccionados ao ciclismo, podes seguir a túa evolución, coñecer as rutas doutros usuarios e monitorizar os teus resultados: calorías, velocidade etc.
E sempre estarás localizado.
A continuación, recompilamos as apps para bicicleta gratis máis populares.
Strava
Activa a app antes de coller a bici e poderás saber durante e despois de facer a túa ruta como che foi: distancia, ritmo, velocidade, elevación, mapa interactivo do percorrido etc.
Participa nos retos mensuais, segue a outros usuarios, únete a clubs, comparte as túas rutas e fotos tamén nas túas redes sociais, compite por ser o mellor dun trazado e moito máis.
Descarga xa Strava no teu móbil e goza das túas saídas en bicicleta:
Wikiloc
Wikiloc vale para moitos deportes, pero ten especial tirón entre ciclistas. Por que? Basicamente pola cantidade de rutas que podes atopar e descargar ata sen conexión a internet.
Filtras o que che interesa: quilómetros, desniveis, áreas xeográficas..., gravas as túas rutas sobre o mapa, sacas fotos e marcas puntos de interese.
Esta app para ciclistas gratis pódese descargar nas seguintes ligazóns:
Komoot
Bastante útil para planificar as túas saídas en bicicleta, Komoot ten o plus de que te vai guiando por voz para que poidas gozar da paisaxe e sincroniza os teus itinerarios e fotos en todos os teus dispositivos.
Proba gratis esta app para rutas en bicicleta no teu móbil:
MapMyRide
Con MapMyRide podes crear a túa propia ruta, recibir consellos de adestramento, que che virán moi ben se es amateur, e afrontar desafíos.
Se estás a buscar apps móbiles para ciclismo, descarga no teu móbil e pona a proba:
Relive
Con esta app podes convertir as túas saídas en bicicleta en vídeos 3D para presumir cos teus amigos.
Rexistra a túa ruta, mira as túas estatísticas e a túa localización en tempo real e, sobre todo, pásao pipa.
Proba Relive no teu móbil a próxima vez que saias en bicicleta:
Outdooractive
Esta app gratis para ciclismo tamén che vale para facer sendeirismo. Outdooractive é moi fácil de usar, podes crear as túas propias rutas co planificador, gravar os teus traxectos, orientarte con mapas exactos e a súa procura intelixente.
Son só algunhas das vantaxes que atoparás nesta aplicación que podes descargar xa:
Xa ves que hai unha chea de apps para ciclistas. O noso consello é que as descargues no teu móbil e vaias probando ata decidirte pola que máis che gusta.