Hoxe queremos que botes unhas risas para que a semana se che faga menos costa arriba. Recompilamos algunhas das apps chorras que, por simpáticas ou absurdas, nos chamaron a atención. Intercambia a túa cara cun amigo ou famoso, descubre como serás de vello, explota burbullas ou modifica a túa voz. Asegurámosche que perder, perderás o tempo, pero pasarás un bo intre co teu móbil .

Apps para intercambiar caras ou ver como envellecerás

  • Face Swap: intercambia a túa cara cun amigo ou ponte unha chea de complementos. Dispoñible para Android e iOS
  • Face Swap Live: cambia o rostro con quen queiras en tempo real. Tamén poderás facelo coa cara dun famoso . Dispoñible para Android e iOS
  • Face Swap Booth - Face Changer: cambia o teu rostro con amigos ou famosos. Dispoñible para Android e iOS
  • MSQRD: cambia o teu aspecto, grávao en vídeo ou en foto e compárteo cos teus amigos. Dispoñible para Android e iOS
  • FaceApp: descubre como serás de maior ou como fuches de mozo, como serías se foses do sexo oposto, dáte un aire máis atractivo ou debúxate un sorriso na boca. Dispoñible para Android e iOSApps chorras Face App
  • AgingBooth: Como seredes ti ou os teus amigos de maiores? Se descobres ser un maduro ou madura atractivo, compárteo nas túas redes sociais e presume de engurra . Dispoñible para Android e iOS

Distorsiona a túa voz ou convértea en canción

    • Modificador de voz: cambia a túa voz e fala como un esquío, como un robot, como un marciano ou coma se aspirases helio. Compárteo cos teus amigos a través de bluetooth ou en redes sociais. Dispoñible para Android e iOS
    • Songify: converte as túas palabras nunha canción. Ollo, con cousas peores se chegou a Eurovisión . Dispoñible para Android e iOS

Engade efectos especiais aos teus vídeos

  • FxGuru: Movie FX Director: que trema Hollywood con esta app que che permite engadir efectos especiais aos teus vídeos. Así poderás gravar unha invasión alieníxena, unha emboscada, unha explosión ou facer que un tornado pase polo teu xardín. Ademais, podes engadir banda sonora e movemento realista. Deixarás os teus amigos coa boca aberta ou cun susto de morte. Dispoñible para Android Android e iOS.

  • Movie Booth FX Free: similar á anterior, ofréceche tres categorías de xénero e ata 18 efectos para que deixes voar a túa vea artística. Dispoñible para Android

Absurdas

  • Broken Screen: Crack Screen: simula que a pantalla do teu móbil está completamente estalada. Utilidade? Xúlgao ti mesmo . Dispoñible para Android e iOS
  • Hold The Button: moi simple, pulsa o botón e compite contra outros usuarios para ver quen aguanta máis. Dispoñible para Android e iOS
  • Cámara de visión térmica: emula as escenas vistas con lentes de visión de calor. O que vas conseguir realmente é ver a vida como Depredador. Dispoñible para AndroidApps chorras Cámara de visión térmica
  • Antistress Bubble Wrap: Se estás tenso, unha boa forma de descargar tensión é estalar burbullas. Esta app permíteche facelo dende o móbil, sen que teñas que gastar un duro nun rolo de papel burbulla. Dispoñible para Android e iOS

Seguro que xa tes algunha descargada no teu móbilR . Que outras apps chorras tes no teu móbil?

Ata pronto!