Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Quecheparece

Festas de Santa Rita Vilagarcía 2026: programa, concertos...

As Festas de Santa Rita en Vilagarcía de Arousa son un dos eventos máis populares da comarca do Salnés e de Galicia. En 2026 celébranse do 21 ao 24 de maio. Dámosche toda a información sobre o programa de Santa Rita Vilagarcía 2026, as misas e a procesión, a Feira Celta e os concertos das festas.

Quecheparece

Festas Couto 2026: programa, horarios, concertos...

En maio o barrio do Couto, en Ourense, celebra as súas festas na honra da Virxe de Fátima. As festas do Couto 2026 terán lugar do 14 ao 17 de maio, coas tradicionais barracas festivas, concertos, orquestras e moitas máis actividades que che contamos do programa das festas do Couto 2026.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en maio 2026

O bo tempo de maio fai florecer todo, ata as estreas de televisión que che ofrecemos en R. Queres saber todo o que vén este mes? Coma todos os meses de maio, os amantes do tenis teñen unha cita en Eurosport para ver Roland-Garros 2026. Os bos contidos tamén florecen en SkyShowtime. Temos unha nova serie do universo de Yellowstone, Rancho Dutton, e unha película chea de acción que non che dará un respiro, The Running Man. O universo de The Walking Dead continúa a deleitarnos en AMC coa terceira tempada deThe Walking Dead: Daryl Dixon. E en Star Channel, coñeceremos ao ex-convicto convertido en detective, RJ Decker. E se che gustan os documentais, non perdas Un día en la historia en Canal Historia.n

Xente R

Festivais Galicia 2026: onde e cando son todos os concertos

O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2026 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia no 2026: datas, carteis, entradas…

Xente R

Feira do Libro en Santiago 2026: programa e horarios

A Feira do Libro de Santiago 2026, que se celebra do 2 ao 10 de maio no paseo central da Alameda, é sempre una das primeiras paradas das feiras de libros que organizan a Federación de Librerías e a Xunta de Galicia. Consulta aquí o programa da Feira do Libro de Santiago 2026 para saber os horarios das presentacións, firmas etc.

Quecheparece

Festa do Choco Redondela 2026: programa, horarios...

Redondela volve enxalzar un dos seus produtos estrela, o choco, nunha festa gastronómica que reúne cada ano a miles de persoas. A Festa do Choco Redondela 2026 celébrase do 8 ao 10 de maio e poderás degustar este manxar, pero tamén gozar de concertos e orquestras, rutas en barco e moito máis. Consulta aquí o programa das Festas do Choco de Redondela 2026.

Quecheparece

Furanchos en Galicia: Pontevedra, Mos, Meaño…

O que nos gusta un furancho en Galicia. Nestes locais únicos podes beber viño, os excedentes da colleita elaborado para consumo propio, e saborear tapas caseiras. A tempada de furanchos vai dende o 1 de decembro ao 30 de xuño, e son moitos os que elixen a primavera para abrir. Contámosche que é un furancho e algúns dos principais furanchos en Pontevedra, Mos, Meaño… Atoparás a lista ordenada por provincias.

Quecheparece

Museos gratis A Coruña 2026: cando é gratuíta a entrada

A cidade herculina pode presumir de museos, porque ademais de ter unha chea, hainos de temáticas moi variadas. Queres saber cales son os museos gratis na Coruña 2026? Cando é gratis a Domus, por exemplo? Que días a entrada é libre nos museos coruñeses? Contámoscho todo nesta lista dos museos gratis na Coruña.

Quecheparece

Festa da Reconquista de Vigo 2026: programa, horario…

Dende hai uns anos Vigo é coñecida como a cidade das luces de Nadal, pero máis aló dese grande evento social, a cidade olívica vive a súa festa máis simbólica coa Reconquista de Vigo. A Festa da Reconquista de Vigo 2026 celébrase do 21 ao 39 de marzo e os días grandes serán o 27, 28 e 29 de marzo. Contámosche todo sobre a Reconquista de Vigo 2026 para que saibas o programa, o horario…