Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Xente R

Festivais Galicia 2024: onde e cando son todos os concertos

O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2024 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia 2024: datas, carteis, entradas…

Quecheparece

As Meninas de Canido 2024: programa, concertos...

Non perdas unha nova edición das Meninas de Canido 2024, do 6 ao 8 de setembro, en Ferrol. Ademais das obras de arte inspiradas en Velázquez que podes percorrer polas rúas do barrio, espérante moitas actividades, concertos, foodtrucks para comer, o Mercado Creativo e moito máis. Consulta aquí o programa das Meninas de Canido 2024 en Ferrol e goza desta festa da arte e da cultura.

Xente R

Feira Franca de Pontevedra 2024: programa e protagonistas

Pontevedra trasládase ao medievo en setembro coa súa popular Feira Franca. É unha das festas temáticas máis multitudinarias das Rías Baixas e foi recoñecida como Festa de Interese Turístico. Contámosche todo sobre os seus protagonistas e o programa da Feira Franca de Pontevedra 2024, do 6 ao 7 de setembro.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas na televisión en setembro de 2024

Setembro é o mes da volta á rutina, pero tamén dun novo comezo. É o momento perfecto para ver as novas tempadas, as mellores estreas ou as novas series para engancharte. Nas estreas de setembro na televisión que che ofrecemos en R tes variedade e calidade para comezar unha viaxe especial con novos ou vellos coñecidos: chega a primeira tempada de The Walking Dead: Daryl Dixon a AMC ou de The Penguin a MAX; Will Trent volve con novos episodios a Star Channel e Emily en París coa segunda parte da tempada 4 a Netflix.

Xente R

Festa da Istoria de Ribadavia 2024: programa e cartel

A última fin de semana de agosto, Ribadavia trasládase ao medievo coa Festa da Istoria. É unha das festas máis populares de Galicia, na que podes ver unha auténtica voda xudía ou degustar unha Comida Medieval, con traxes de época e marabedís. Aquí tes toda a información sobre as actividades e o programa da Festa da Istoria de Ribadavia 2024, do 30 de agosto ao 1 de septiembre.

Quecheparece

Festas de Ribadeo 2024: programa, actividades e os Cocos

Os meses de verán son os elixidos pola maioría dos concellos para celebrar as súas festas patronais. Ribadeo, un dos principais concellos da Mariña lucense, ten en setembro unha das súas festas máis queridas na honra de Santa María do Campo, son as festas de Ribadeo 2024, do 30 de agosto ao 9 de setembro.

Xente R

Romaría do Naseiro de Viveiro 2024: programa e historia

En Viveiro o final do mes de agosto é especial. Alí se celebran varios días de festa, comida e bebida, pero non de calquera xeito. Cunha historia que se remonta aos anos da República, a romaría do Naseiro 2024 é peculiar xa que quen participan da festa conviven durante cinco días nunha contorna natural e diferente.

Xente R

Festas da Guadalupe de Rianxo 2024: programa e actos

Setembro vívese doutro xeito en Rianxo. Cando se achega o final do verán, a vila mariñeira coruñesa engalánase para vivir toda unha semana de festas na honra da Virxe "Moreniña". Son as Festas de Guadalupe de Rianxo 2024, do 13 ao 20 de setembro.

Xente R

Festa Normanda de Foz 2024: datas e programa completo

Do 29 de agosto ao 1 de setembro, ambos os dous días incluídos, Foz celebra a súa XII Festa Normanda. Unha cita que rememora a errada incursión viquinga na localidade e que conta cun completo programa de actividades. Contámosche cando é, cal é o programa e a historia da Festa Normanda de Foz 2024.

Xente R

Festas de Portonovo 2024: programa do San Roque

Portonovo, no municipio de Sanxenxo, celebra as súas festas de San Roque do 14 ao 18 de agosto. Tradicións, moita música e unha infinidade de actividades animan durante cinco días, aínda máis, unha das nosas localidades costeiras máis visitadas. Coñece o programa das festas de San Roque de Portonovo.

Xente R

Concertos María Pita 2024: datas e horarios

María Pita é testemuña inmóbil cada ano das actuacións dos grupos do momento. O escenario perfecto para gozar da música ao aire libre e gratis. Queres saber cales son os concertos de María Pita 2024 en agosto? Pois estás no lugar adecuado.

Quecheparece

Festas de Betanzos 2024: programa, datas, concertos...

As Festas de Betanzos 2024, na honra de San Roque, celébranse do 14 ao 25 de agosto e veñen cargadas de concertos e actividades que che contamos aquí. Infórmate de cando son as xiras dos Caneiros, o Globo de Betanzos... no completo programa das Festas de Betanzos 2024.