Quecheparece

Brincadeira de Bouzas 2026: programa e horarios

A expulsión dos franceses de Vigo celébrase por todo o alto na cidade olívica. Pero o que moitos non saben é que hai unha segunda festa que celebra os mesmos acontecementos e na mesma cidade. É a Brincadeira de Bouzas 2026, do 8 ao 10 de maio. Consulta aquí o programa e os horarios da festa Brincadeira de Bouzas 2026.

Xente R

Festivais Galicia 2026: onde e cando son todos os concertos

O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2026 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia no 2026: datas, carteis, entradas…

Quecheparece

Furanchos en Galicia: Pontevedra, Mos, Meaño…

O que nos gusta un furancho en Galicia. Nestes locais únicos podes beber viño, os excedentes da colleita elaborado para consumo propio, e saborear tapas caseiras. A tempada de furanchos vai dende o 1 de decembro ao 30 de xuño, e son moitos os que elixen a primavera para abrir. Contámosche que é un furancho e algúns dos principais furanchos en Pontevedra, Mos, Meaño… Atoparás a lista ordenada por provincias.

Quecheparece

Museos gratis A Coruña 2026: cando é gratuíta a entrada

A cidade herculina pode presumir de museos, porque ademais de ter unha chea, hainos de temáticas moi variadas. Queres saber cales son os museos gratis na Coruña 2026? Cando é gratis a Domus, por exemplo? Que días a entrada é libre nos museos coruñeses? Contámoscho todo nesta lista dos museos gratis na Coruña.

Quecheparece

Festa da Reconquista de Vigo 2026: programa, horario…

Dende hai uns anos Vigo é coñecida como a cidade das luces de Nadal, pero máis aló dese grande evento social, a cidade olívica vive a súa festa máis simbólica coa Reconquista de Vigo. A Festa da Reconquista de Vigo 2026 celébrase do 21 ao 39 de marzo e os días grandes serán o 27, 28 e 29 de marzo. Contámosche todo sobre a Reconquista de Vigo 2026 para que saibas o programa, o horario…

Quecheparece

Declaración da Renda Galicia 2025-2026: datas, deducións...

O mércores 8 de abril arranca unha nova campaña da renda: 2025-2026. A partir dese momento, e ata o 30 de xuño, xa podes realizar a declaración a través de Internet ou, uns días máis tarde, solicitar a túa cita previa para facela de forma telefónica ou presencial. Toma nota das principais datas a ter en conta e das novidades nas deducións das que podes beneficiarte se vives en Galicia.

Quecheparece

Festa da Ostra de Arcade 2026: datas, programa…

Todos coñecemos a calidade do marisco galego, un dos máis saborosos e recoñecidos do mundo. As ostras son un exemplo de todas as bondades do marisco galego e en Arcade, capital deste molusco, celebran do 3 ao 5 de abril a Festa da Ostra de Arcade 2026 para enxalzar a súa importancia na economía local. Contámosche aquí o programa completo que preparan para a súa festa.

Quecheparece

Semana Santa en Ferrol 2026: procesións, horarios, programa…

A Semana Santa en Ferrol é unha das celebracións de carácter relixioso máis recoñecidas dentro e fóra de Galicia. Dende o Domingo de Ramos ao de Resurrección, transitan as procesións e os pasos de cinco confrarías. Contámosche todo o programa da Semana Santa Ferrol 2026, do 29 de marzo al 5 de abril, cando son as procesións da Semana Santa en Ferrol 2026 e a historia desta Festa de Interese Turístico Internacional, que conta con máis de 400 anos de tradición.

Quecheparece

Semana Santa Viveiro 2026: programa, procesións, itinerario...

A Semana Santa de Viveiro 2026 celébrase do 27 de marzo de 2026, Venres de Dores, ao 5 de abril de 2026, Domingo de Resurrección. Durante estes días, a localidade lucense énchese de procesións e actos que atraen a miles de visitantes. Consulta aquí todas as procesións da Semana Santa Viveiro 2026 para saber o horario e itinerario de cada unha. Ademais, contámosche máis actividades culturais que se celebran no programa da Semana Santa Viveiro 2026.