Quecheparece
AVE Galicia: horarios, duración e estacións ata Madrid
O AVE Galicia inaugurouse en decembro de 2021 e permitiu conectar Ourense e Madrid en 2 horas e 15 minutos. E dende 2024, a alta velocidade chega a Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e A Gudiña. Á oferta de trens AVE e Avlo, a modalidade de baixo custo, hai que sumar os trens Alvia que tardan un pouco máis. Podes consultar aquí toda a información sobre o AVE Galicia Madrid, contámosche os horarios, a duración dos traxectos, as estacións e o prezo dos billetes.