Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Quecheparece

Allariz no Nadal 2025: datas, luces, que ver...

Se che apetece gozar dun Nadal diferente, Allariz é un plan perfecto para ti. Porque lonxe da exhibición de luces doutras cidades, Allariz no Nadal 2025 volve apostar por converter as súas rúas nun auténtico pobo de Nadal. Poderás ver neve (artificial), pequenos mercados, a casa do Apalpador e tamén luces que iluminan este escenario de conto. Contámosche cando empeza o Nadal en Allariz, que ver, a decoración, as luces e o programa de Nadal Allariz 2025.

Xente R

Luces de Nadal de Vigo 2025: horario de acendido, que ver…

As luces de Nadal de Vigo 2025 - 2026 volven poñer a cidade na fala da xente. É que ninguén quere perder este espectáculo que comeza co tradicional acendido de luces de Nadal de Vigo 2025. Contámosche cando se acenden as luces de Nadal de Vigo, o horario de aceso, que ver, as principais atraccións e onde aparcar o coche.

Quecheparece

Cabalgata de Reis de Ourense 2026: percorrido, horario...

Xa están de camiño e os máis pequenos da casa xa os esperan. Como todos os anos, Melchor, Gaspar e Baltasar visitan Ourense dende o lonxano Oriente para traerlle aos nenos e nenas que se portaron ben todos os agasallos que lles pediron. Por iso, a cidade das termas ten todo preparado para acollelos como se merecen. Contámosvos o percorrido e os horarios da Cabalgata de Reis de Ourense 2026 do luns 5 de xaneiro.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en decembro 2025

O ano 2025 chega ao seu fin, pero as estreas nunca paran na televisión que che ofrecemos en R. Este Nadal, non che faltarán cousas que ver, as mellores películas e series nunca descansan. Para comezar, os dragóns son protagonistas en DreamWorks coa emisión de novos episodios da serie Dragones: Hacia nuevos confines, e en SkyShowtime tamén, coa estrea da versión de imaxe real de Cómo entrenar a tu dragón.

Quecheparece

Nadal na Coruña: guía 2025 coas luces, mercado...

Cando se acenden as luces de Nadal na Coruña 2025? A cidade herculina acende o Nadal o venres 28 de novembro na Praza de María Pita. Será o disparo de saída do programa de Nadal A Coruña 2025 - 2026, que ademais de luces, inclúe mercado de Nadal de estilo centroeuropeo, pista de xeo, beléns, feira de artesanía, talleres, visita de Papá Noel, Cabalgata de Reis e moitas máis actividades que che contamos aquí.

Quecheparece

Nadal en Ourense 2025: programa, luces, Mercado...

Ourense prepara cada ano en Nadal unha ampla e variada programación que enche as súas rúas de luz, adornos, mercados, música e actividades para todas as idades. En 2025, acenden as luces o venres 5 de decembro. Aquí tes a mellor guía para gozar do Nadal de Ourense 2025 - 2026.

Quecheparece

Nadal en Santiago de Compostela 2025: acendido de luces, mercado, actividades...

Cando se acenden as luces de Nadal en Santiago de Compostela 2025? O venres 28 de novembro poderás gozar do acendido e visitar as luces da Alameda, da Quintana e moitas máis. Ademais, poderás achegarte ao mercado de Nadal Santiago de Compostela, ver os beléns, gozar de concertos e máis actividades de Nadal en Santiago. Contámosche o programa de Nadal Santiago 2025 - 2026 para que non perdas nada.

Quecheparece

Nadal en Pontevedra: guía 2025 coas luces, o mercado...

Pontevedra vístese de gala cada ano para recibir o Nadal cun programa repleto de actividades e, sobre todo, cun impresionante despregamento de luces que transforman as súas rúas nun escenario de conto a partir do día 5 de decembro. E á tradicional iluminación súmase un popular mercado do Nadal, Poboado de Nadal, e unha chea de actividades que farán as delicias de toda a familia.

Xente R

Festivais Galicia 2025: onde e cando son todos os concertos

O Resu, Ortigueira, O Son do Camiño, o Morriña Fest… traémosche a lista completa de festivais Galicia 2025 para que saibas onde e cando se montan as festas cada mes do ano, en especial os festivais de Galicia no verán que son unha chea. Festivaleiro, garda ben esta información e compártea cos colegas cos que vas a ir de concertos en Galicia no 2025: datas, carteis, entradas…

Quecheparece

Todos os festivos en Galicia 2026: calendario laboral

Pensando en vacacións? Bótalle un ollo ao calendario de festivos en Galicia 2026. Consulta aquí tamén as pontes que hai en Galicia en 2026 ou o Entroido en Galicia 2026. E os festivos locais da Coruña, Santiago… e o resto de festivos locais en Galicia 2026 por localidades.

Xente R

Magosto en Ourense 2025: onde e cando son as festas do magosto

Durante o mes de novembro a provincia de Ourense celebra a festa do magosto. E faino como manda a tradición, con castañas, viño e música ao redor dunha fogueira. Queres saber onde e cando son os magostos en Ourense 2025? Traémosche a guía máis completa con todas as localidades, datas, programas e prezos para que goces da festa do outono por excelencia.