Quecheparece
Festa dos Maios: como se celebra en Ourense, Pontevedra, Redondela...
A chegada da primavera celébrase en Galicia coa festa dos Maios. O día 1 de maio, ou o primeiro domingo de maio no caso de Ourense, saen á rúa os maios, unhas figuras de madeira adornadas con flores, follas ou froitas. Ao seu arredor cántanse as coplas dos maios que satirizan sobre algún tema de actualidade. Os máis famosos son os maios en Ourense, pero tamén se celebran os maios en Pontevedra e os maios en Redondela. Contámosche cando e como son estes maios en Galicia.