Quecheparece
Eclipse solar Galicia 2026: onde vela, horario…
Onde estabas ti na eclipse solar en Galicia do 12 de agosto de 2026? Imos axudarche a responder esa pregunta, porque che contamos o mellor lugar onde ver a eclipse solar en Galicia 2026. Vai ser un momento único para o recordo, que non sucedía dende 1905, así que non o podes perder. En case toda a provincia de Lugo e gran parte da Coruña a eclipse será total, tamén nalgúns municipios de Ourense e Pontevedra. Corre a pór as túas lentes para ver a eclipse de sol porque voan.