Noticias de TV
Que ver na tele?: estreas de televisión en setembro 2025
Remata o verán e chega o outono, pero en setembro non rematan as series e as películas na televisión que che ofrecemos en R. Unha das gañadoras do Óscar, The Brutalist, chega a SkyShowtime, e de agasallo Dexter: Resurrection. Outra serie imprescindible chega a Warner TV: El primer matrimonio de Georgie y Mandy, o spin-off de El joven Sheldon. E os fans de Goku, tranquilidade, teredes os episodios finais de Dragon Ball Z Kai en Comedy Central.