Quecheparece
Configura o contestador do teu teléfono fixo e móbil de R
Explicámosche como activar, acceder e configurar o contestador avanzado de R no teu teléfono fixo e no teu móbil, para que che deixen unha mensaxe.
Explicámosche como activar, acceder e configurar o contestador avanzado de R no teu teléfono fixo e no teu móbil, para que che deixen unha mensaxe.
Por que ser do “team” Papá Noel, se en Galicia temos a O Apalpador? Este personaxe tan entrañable da nosa tradición do Nadal nin bebe Coca-Cola, nin o levan en zorra uns renos, nin conta con campañas de márketing e espazo en películas e anuncios. Queres saber quen é O Apalpador en Galicia? Pois segue a ler para coñecer ao Apalpador galego, a súa orixe e significado, en que localidades podes velo este Nadal 2025 e moitas máis cousas do Papá Noel galego.
As luces de Nadal de Vigo 2025 - 2026 volven poñer a cidade na fala da xente. É que ninguén quere perder este espectáculo que comeza co tradicional acendido de luces de Nadal de Vigo 2025. Contámosche cando se acenden as luces de Nadal de Vigo, o horario de aceso, que ver, as principais atraccións e onde aparcar o coche.
Melchor, Gaspar e Baltasar encherán de maxia e ilusión a cidade herculina na Cabalgata de Reis na Coruña 2026, o luns 5 de xaneiro. Preparado para coller caramelos? Pois infórmate aquí do horario e do percorrido da Cabalgata na Coruña 2026 para velos no mellor sitio.
A Cabalgata de Reis Vigo 2026 do luns 5 de xaneiro volve repetir a súa habitual dobre modalidade, pola mañá estática na Avenida Castelao e pola tarde dinámica nas rúas da cidade, para o goce de peques e maiores. Consulta aquí o horario e o percorrido da Cabalgata de Vigo 2026 e non perdas a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar.
Cando se acenden as luces de Nadal na Coruña 2025? A cidade herculina acende o Nadal o venres 28 de novembro na Praza de María Pita. Será o disparo de saída do programa de Nadal A Coruña 2025 - 2026, que ademais de luces, inclúe mercado de Nadal de estilo centroeuropeo, pista de xeo, beléns, feira de artesanía, talleres, visita de Papá Noel, Cabalgata de Reis e moitas máis actividades que che contamos aquí.
Este Nadal, colle os patíns e lánzate á pista. Percorremos as principais pistas de xeo Galicia 2025 - 2026 para que coñezas os horarios e prezos da pista de xeo da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Ferrol.
Contámosche como vai ser a Cabalgata de Reis en Ferrol 2026 o luns 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar xa están preparados para visitar Ferrol e traerlle aos nenos e ás nenas de Ferrol todo o que pediron, se foron bos, claro. Para iso, a cidade departamental organizou unha benvida á súa altura para que os Reis Magos percorran as rúas. Consulta aquí o horario e o percorrido da Cabalgata Ferrol 2026 para saber por onde van os Reis Magos en Ferrol.
A Cabalgata de Reis Magos de Pontevedra é un dos momentos máis esperados do Nadal. Aquí tes toda a información imprescindible para non perder nin un detalle da chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar á cidade do Lérez o día 5 de xaneiro de 2026.
Gozar das luces, visitar o mercado de Nadal e probar sorte coa lotería son plans imprescindibles no Nadal de Lugo. Neste post contámosche cando acenden as luces de Nadal 2025 - 2026 en Lugo, onde podes atopar o mercado "Nadalmente Lucense"... e lembrámosche que probes sorte coa lotería de Nadal.
Se che apetece gozar dun Nadal diferente, Allariz é un plan perfecto para ti. Porque lonxe da exhibición de luces doutras cidades, Allariz no Nadal 2025 volve apostar por converter as súas rúas nun auténtico pobo de Nadal. Poderás ver neve (artificial), pequenos mercados, a casa do Apalpador e tamén luces que iluminan este escenario de conto. Contámosche cando empeza o Nadal en Allariz, que ver, a decoración, as luces e o programa de Nadal Allariz 2025.
Xa están de camiño e os máis pequenos da casa xa os esperan. Como todos os anos, Melchor, Gaspar e Baltasar visitan Ourense dende o lonxano Oriente para traerlle aos nenos e nenas que se portaron ben todos os agasallos que lles pediron. Por iso, a cidade das termas ten todo preparado para acollelos como se merecen. Contámosvos o percorrido e os horarios da Cabalgata de Reis de Ourense 2026 do luns 5 de xaneiro.
Ourense prepara cada ano en Nadal unha ampla e variada programación que enche as súas rúas de luz, adornos, mercados, música e actividades para todas as idades. En 2025, acenden as luces o venres 5 de decembro. Aquí tes a mellor guía para gozar do Nadal de Ourense 2025 - 2026.
Cando se acenden as luces de Nadal en Santiago de Compostela 2025? O venres 28 de novembro poderás gozar do acendido e visitar as luces da Alameda, da Quintana e moitas máis. Ademais, poderás achegarte ao mercado de Nadal Santiago de Compostela, ver os beléns, gozar de concertos e máis actividades de Nadal en Santiago. Contámosche o programa de Nadal Santiago 2025 - 2026 para que non perdas nada.