Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Quecheparece

Semana Santa en Ferrol 2025: procesións, horarios, programa…

A Semana Santa en Ferrol é unha das celebracións de carácter relixioso máis recoñecidas dentro e fóra de Galicia. Dende o Domingo de Ramos ao de Resurrección, transitan as procesións e os pasos de cinco confrarías. Contámosche todo o programa da Semana Santa Ferrol 2025, do 13 ao 20 de abril, cando son as procesións da Semana Santa en Ferrol 2025 e a historia desta Festa de Interese Turístico Internacional, que conta con máis de 400 anos de tradición.

Quecheparece

Festa da Ostra de Arcade 2025: datas, programa…

Todos coñecemos a calidade do marisco galego, un dos máis saborosos e recoñecidos do mundo. As ostras son un exemplo de todas as bondades do marisco galego e en Arcade, capital deste molusco, celebran entre o 4 e o 6 de abril a Festa da Ostra de Arcade 2025 para enxalzar a súa importancia na economía local. Contámosche aquí o programa completo que preparan para a súa festa.

Quecheparece

Festas de San Lázaro 2025 en Santiago de Compostela

Cando xa se sente a primavera e as vacacións de Semana Santa están á volta da esquina, comezan a aparecer as primeiras festas do ano. Unha das máis madrugadoras son as Festas de San Lázaro 2025 en Santiago de Compostela, que se celebran do 4 ao 7 de abril, nas que conflúen o aspecto relixioso e o aspecto gastronómico.

Quecheparece

Festa do Queixo de Arzúa 2025: programa, concertos…

"Queixeamos"? Do 14 ao 16 de marzo, Arzúa recibe a miles de visitantes desexosos/as de degustar o seu famoso queixo na Festa do Queixo de Arzúa 2025, unha das festas gastronómicas máis populares de Galicia, que este ano celebra a súa 50 edición. Contámosche máis sobre o programa, concertos, horario do recinto feiral… e, por suposto, sobre o gran protagonista: o queixo.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en marzo 2025

A primavera xa comeza a sentirse no ambiente e as ganas de novas series e películas crecen como crecen os días. E aí está a televisión que che ofrecemos en R cun amplo catálogo de novidades: SkyShowtime tira a casa pola ventá coa 2ª tempada de 1923 e a película de animación Transformers One. As series tamén che darán unha alegría, a Warner TV chegan os novos episodios de The Rookie - T7 e en Star Channel estréase Watson. En canto aos documentais, poderás ver o especial Ciencia y cerebro en Odisea, que será a canle aberta en marzo, e Mujeres espía en la II Guerra Mundial en Historia.

Quecheparece

Entroido na Coruña 2025: datas, programa, desfile…

Xa tes o teu disfrace preparado? Pois date présa porque o Entroido na Coruña 2025 celébrase do venres 28 de febreiro ao mércores 5 de marzo. A festa do entroido empeza coa entronización do Deus Momo e a cidade non dorme ata o Enterro da Sardiña. Polo medio, o desfile de Entroido A Coruña 2025 do sábado, a noite de charangas do luns, o martes de choqueiros na Torre e moitas risas. Para que non te perdas nada, contámosche aquí todo o programa do Entroido na Coruña 2025.

Quecheparece

Tarxeta Benvida 2025: como solicitala, tendas, saldo...

Di o refrán que "os nenos veñen cun pan debaixo do brazo". No caso de Galicia, veñen cunha Tarxeta Benvida coa que os novos pais e as novas nais poden afrontar os primeiros gastos dos que acaban de chegar. Contámosche como se solicita a Tarxeta Benvida 2025, como consultar o seu saldo e onde podes utilizala.

Quecheparece

Feira do Cocido de Lalín 2025: programa, actividades, restaurantes...

A semana antes do Entroido, o domingo 23 de febreiro, celébrase a Feira do Cocido de Lalín 2025, unha das festas gastronómicas máis populares de Galicia. Contámosche máis sobre o programa de actividades, o tradicional desfile de carrozas e, por suposto, onde comer un bo cocido de Lalín. Sabes que tes todo un Mes do Cocido?