Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Xente R

Concertos María Pita 2025: datas e horarios

María Pita é testemuña inmóbil cada ano das actuacións dos grupos do momento. O escenario perfecto para gozar da música ao aire libre e gratis. Queres saber cales son os concertos de María Pita 2025 en agosto? Pois estás no lugar adecuado.

Quecheparece

Concertos Castrelos 2025: entradas, datas, horarios…

A cidade olívica xa está a pechar os concertos do verán e por aquí manterémoste actualizado en todo momento sobre os concertos de Castrelos 2025. Consulta a lista de artistas que van tocar no Parque de Castrelos durante os meses de xullo e agosto, cando saen á venda as entradas dos concertos de Castrelos 2025, as datas e os horarios para que non te perdas os grandes eventos do verán en Vigo.

Quecheparece

Festas de Betanzos 2025: programa, datas, concertos...

As Festas de Betanzos 2025, na honra de San Roque, celébranse do 14 ao 25 de agosto e veñen cargadas de concertos e actividades que che contamos aquí. Infórmate de cando son as xiras dos Caneiros, o Globo de Betanzos... no completo programa das Festas de Betanzos 2025.

Xente R

Festa da Auga de Vilagarcía 2025: programa de San Roque, concertos…

Cada 16 de agosto celébrase a Festa da Auga de Vilagarcía 2025, que é o momento máis esperado das Festas de San Roque Vilagarcía 2025, do 14 ao 24 de agosto. Prepárate para mollarte e gozar dos concertos, de San Roquiño, do Combate Naval, do Desfile de Carrozas e moito máis. Infórmate aquí de todo o programa da Festa da Auga de Vilagarcía 2025 e das Festas de San Roque Vilagarcía 2025.

Xente R

Festa do Albariño Cambados 2025: datas, programa, concertos...

O que nunca falta nunha boa festa galega é comida e bebida en abundancia. E na Festa do Albariño de Cambados conmemoran un deses imprescindibles: o viño. Do 29 de xullo ata o 3 de agosto 2025 Cambados celebra a súa famosa Festa do Albariño 2025. Consulta aquí o programa, as datas e os concertos para non perder detalle.

Xente R

Festas do Polbo do Carballiño 2025: datas, programa...

A Festa do Polbo é unha romaría gastronómica que congrega cada ano a decenas de miles de visitantes no Carballiño o segundo domingo de agosto. A Festa do Polbo do Carballiño 2025 será o 10 de agosto, día grande, pero as actividades e concertos comezan xa uns días antes. Consulta aquí as datas e o programa das Festas do Polbo do Carballiño 2025, que este ano celebra a súa 63 edición dedicada á cidade italiana de Noventa Padovana.

Xente R

Festa da Maruxaina 2025: programa, datas...

A festa da Maruxaina 2025 celébrase na localidade lucense de San Cibrao, en Cervo, o sábado 9 de agosto. Ese día as miradas de veciños/as e visitantes diríxense cara a esta misteriosa serea cuxa lenda dá pé a unha das festas máis singulares do verán en Galicia. Contámosche máis sobre esta tradición e a súa axenda de actividades, con fogos, queimada e un multitudinario "Gran Xuízo Popular". Consulta aquí o programa da festa da Maruxaina 2025.

Quecheparece

Calendario escolar en Galicia 2025 - 26

Cando comezan as clases en Galicia en 2025? Contámosche todas as datas clave, o comezo do curso escolar 25-26 Galicia, o fin das clases, as vacacións e os festivos do calendario escolar en Galicia 2025 - 26 para que che axude a organizarte. Para iso, desagregamos as datas e os horarios da orde do calendario escolar en Galicia 2025 - 26 para as etapas educativas de Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e FP.

Quecheparece

Festival de Pardiñas 2025: datas, programa, cartel…

Os amantes da música e a cultura galega teñen unha cita no Festival de Pardiñas 2025 de Guitiriz, do 1 ao 3 de agosto. Este ano celebran 46 edicións, así que non podes perder esta Festa de Interese Turístico Galego que organiza a Asociación Cultural Xermolos. Consulta aquí o cartel e o programa do Festival de Pardiñas 2025 para pasar unha fin de semana de festa en Guitiriz.

Quecheparece

Festas de San Roque en Melide 2025: programa, orquestras...

As mellores orquestras de Galicia están nas Festas de San Roque en Melide 2025, do 14 ao 21 de agosto. Unha semana de celebracións que inclúe concertos, música tradicional, charangas, bandas e actividades infantís. Contámosche todas as actividades do programa das festas de San Roque en Melide 2025 este verán.

Quecheparece

Festa da Dorna de Ribeira 2025: programa, horarios e historia

Se hai unha festa do verán galego que máis peculiaridades acolle, é a Festa da Dorna de Ribeira. Do 18 ao 24 de xullo de 2025, a capital do Barbanza enchese de peculiares e divertidos xogos, concertos e diversión na Festa da Dorna de Ribeira 2025. Uns días nos que a típica embarcación local é a escusa para confraternizar e pasalo ben. Contámosche os horarios, o programa e a historia.