Ola. Queremos contarche unha novidade importante no teu servizo móbil.
Como sabes, no seu día, había tarifas que non incluían o acceso á rede 4G. Pois ben, imos pasar todas as tarifas que só se conectaban a 3G para que tamén acceden a redes 4G. O cambio será gradual e automático.
Só hai un única tarifa que continuará con acceso a 3G, porque ten moi poucos datos. É a tarifa 0 500MB. O resto, como dicimos, xa teñen 4G.
Que é o 4G?
O número, 4, fai referencia a que se trata da cuarta xeración de telefonía móbil.
A principal vantaxe é que vas navegar moito máis rápido. Por poñerche un exemplo, descargar unha foto en alta resolución en 3G son 26 segundos; a mesma acción, con 4G, faise nun segundo (en condicións óptimas).
Ademais, o 4G ten menor retardo nas conexións (a resposta é máis rápida) e diminúe a saturación das redes, co que máis usuarios se poden conectar ao tempo nunha mesma zona.
Como conectarse a 4G?
Para navegar en 4G o único que necesitas é un teléfono móbil compatible con esta tecnoloxía.
Se tes un iphone 5 ou posterior o teu terminal é compatible.
se tes un terminal android, entra en Axustes > Máis > Redes móviles > Tipo de rede preferido. Se temos LTE ou 4G, o noso terminal debería ter a posibilidade de operar en 4G.
4G+
Non só ofrecemos acceso a 4G, senón tamén a 4G+, que é unha conexión aínda máis avanzada. Contamos con numerosas zonas con cobertura con 4G+, polo que nas nosas tarifas tamén tes a posibilidade de conectarte.
Un saúdo.