Despois dunha única edición en liña pola pandemia, por fin volvemos reencontrarnos na maior lanparty de Galicia do 9 ao 11 de outubro. E é que a XGN R Encounter volve celebrarse de forma presencial, aínda que con capacidade limitada, e con todas as medidas de seguridade necesarias.

20 xigas para xogar, aprender e compartir

Nós poñemos a fibra máis avanzada para que xogues a toda velocidade, intercambies coñecemento e aprendas durante 3 días con quen comparten a túa mesma paixón pola informática e as novas tecnoloxías.

Convivirás coas persoas rexistradas no recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, onde se ten despregado todo un plan de prevención fronte á COVID-19.

A zona extranet de acceso libre será en liña

Todos/as os/as interesados/as poden gozar da XGN R Encounter dende a casa. Espéranche conferencias, actividades formativas e moita diversión. Porque, unha vez máis, todo o que pase na lanparty poderalo seguir en liña a través da canle de Twitch.

Entre as recoñecidas figuras que pasarán por este escenario virtual está a streamer @Elesky25, que volve á Encounter coas súas versións das mellores BSOs e 'temazos' frikis. Non o perdas, porque vai ser mundial.

E isto é só un adianto!!

Rede de Encounters

A XGN R Encounter quere seguir medrando e aposta por retomar de novo a fórmula presencial. Así o fixo tamén a súa compañeira a Euskal Encounter celebrada o pasado xullo. A XGN R Encounter está vinculada á rede de Encounters que a Fundacion Euskaltel impulsa dende hai máis de 25 anos e da que tamén forman parte a Gipuzkoa Encounter, a Araba Encounter e a propia Euskal Encounter.