Neste post imos dar resposta aos clientes que teñen un problema na súa conexión e, como consecuencia, aparécelles unha mensaxe no seu ordenador que indica “Windows non se pode comunicar co dispositivo ou recurso (servidor DNS principal)”. 

Este problema pode xurdir no teu PC ou ordenador de sobremesa, ou ben no portátil. Esa mensaxe non aparece noutros dispositivos do teu fogar, como pode ser unha tablet ou un móvil.

Trátase dunha mensaxe que aparece ao pasar o solucionador de problemas de Windows. Velaquí as posibles solucións.

Interferencias

Se o fallo só se produce nun equipo concreto, pode ser un problema da antena wifi do PC ou que teñas algunha interferencia inalámbrica.

Se a incidencia persiste, podes probar a reinstalar os controladores da tarxeta inalámbrica do PC.

Cambio de canle wifi

Tamén se recomenda cambiar a canle de emisión do  router. Se algunha está moi saturada, pode provocar problemas. 

Se es cliente de R, podes cambiar os parámetros wifi dende a web de clientes neste enlace. 

Borrar caché DNS

No caso de que isto tampouco funcione, outra solución que se recomenda é probar a borrar a caché  DNS do teu computador.

Para facelo, vai á consola de mandos (pon “Símbolo del sistema” no buscador de Windows e xa che abre ou ben pulsa as teclas de Windows + R e despois escribe CM). Unha veez que che abra o programa da consola, escribe o seguinte: 

ipconfig / flushdns 

Se aparece a mensaxe “Baleirouse correctamente a caché de resolución de DNS”, é que se borrou correctamente.