A tecnoloxía móvese contigo. Ao smartphone que levas no peto uníronse unha chea de gadgets que te acompañan para facerche a vida máis fácil: reloxos e pulseiras intelixentes ou auriculares sen fíos con estoxos de carga e asistente de voz. Son os wereables e en R temos a mellor selección para que presumas de estar á última cando retomes a normalidade.

Galaxy Watch Active

Os reloxos xa non só dan a hora, agora miden o número de pasos que dás, fan seguimento da túa frecuencia cardíaca, rexistran as túas horas de soño ou detectan os teus niveis de estrés. Pero, ademais de ser o teu mellor aliado para a actividade diaria, este tipo de reloxo permíteche enviar mensaxes de texto a través da túa voz ou descargar apps de deporte e lecer. Só tes que enlazalo ao teu móbil Android ou iOS a través de conexión Bluetooth.

Queres o Galaxy Watch Active? Pois non che custará nada se compras este mes os novos Samsung Galaxy S20 ou S20+.

Los wereables más buscados están en R Galaxy Watch Active

Honor Band 5

A nova banda intelixente fitness de Honor converterase no teu novo adestrador persoal. Levarás un rexistro do soño e do teu ritmo cardíaco, recibirás unha planificación completa para unha chea de deportes, mesmo natación, xa que a podes mergullar na auga. E non só che serve para facer exercicio, podes previsualizar mensaxes e recordatorios, facer fotos levantando o pulso, atopar o teu teléfono se non o atopas ou poñer música.

Está na túa man, nunca mellor dito, gratis pola compra do Honor 20 Lite.

Los wereables más buscados están en R Honor Band 5

Samsung Galaxy Buds+

Vimos de incorporar ao catálogo os novos auriculares de Samsung que o están petando pola súa autonomía: ata 11 horas de uso sen ter que cargalos. E cando se acabe a batería só tes que metelos no seu estoxo de carga.

Os auriculares de cable pasaron á historia, o máis cómodo para moverte son os dispositivos sen fíos. Os Galaxy Buds+ destacan pola calidade do audio desenvolvido por AKG e a claridade nas chamadas grazas aos seus dous micros externos. Podes configurar comandos de toque nos auriculares para desprazarte pola lista de cancións, responder chamadas ou subir o volume. Emparéllaos ao teu móbil a través de Bluetooth.

Choios de maio

E se estás a pensar en cambiar de móbil, bótalle un ollo aos choios deste mes. Baixamos o prezo ao Samsung Galaxy A71, Honor 20, OPPO A9, Honor 20 Lite, LG Q60 e LG K40s. Dáte présa que voan!