En R queremos recompensar a túa fidelidade cun novo combo que inclúe Netflix e Wifi Mesh, para que desfrutes dun 100% de cobertura na casa. E chamámolo Combo sen fin, porque gozas sen límites de dobre velocidade de internet, xigas ilimitados no teu móbil, fixo, tv deco 4K con Android TV, Netflix e Wifi Mesh.

E para celebrar esta estrea, regalámosche Netflix Fan durante 4 meses.

Combo sen fin

O mellor do Combo sen fin:

Netflix

Agora os combos de R veñen con Netflix de serie. Se te pasas ao Combo sen fin podes ver Netflix HD en 2 pantallas de forma simultánea.

Así te fas forte no sofá con manta e flocos de millo para ver as estreas das que todo o mundo fala, as películas premiadas, sen anuncios e en calquera dispositivo con internet.

E como o novo combo inclúe o deco 4K con Android TV, accedes a Netflix directamente dende o teu televisor pulsando un só botón no teu mando.

Ademais dunha calidade catro veces maior que o HD, o deco 4K de R ten Android TV para que vexas directamente dende a tele Netflix e moito máis: Amazon Prime Video, Disney+, MiTele, Atresplayer, DAZN, Youtube, Spotify e moitas máis apps que podes descargar directamente no teu televisor, da mesma maneira que o fas no teu móbil.

Netflix Fan de regalo

Se te pasas agora ao Combo sen fin levas de regalo Netflix Fan durante 4 meses. Netflix + 10 GB extra ao mes en calquera das liñas móbilR que elixas ou unha nova SIM de datos, para non consumir os da tarifa móbil.

Cobertura 100% con Wifi Mesh

Non queremos lear con nomes raros, é que esta tecnoloxía chámase así 😉. Pero é a solución máis sinxela para que desfrutes dunha cobertura 100% en todas as habitacións da túa casa.

Con Wifi Mesh tes velocidades moito maiores en wifi que con outros dispositivos, como PLCs ou repetidores. O sinal é máis estable e a cobertura total, porque colocas tantas caixas Wifi Mesh como necesites en calquera estancia.

Ademais, podes xestionar todo o que pasa na túa rede wifi dende o móbil a través da app de clientes de R (Android e iOS): consultar o número de dispositivos conectados, o estado do sinal ou a creación dunha nova rede wifi cando teñas convidados.

Xigas ilimitados na túa liña móbilR

A túa liña móbilR principal cargada de xigas ilimitados e a primeira liña adicional que queiras engadir á túa factura con 30 GB.

Se es cliente de R, pásate ao Combo sen fin e desfruta de todas as vantaxes de ter todo nun.

Esperamos que che guste esta novidade.